Axenda Eventos
Axenda Cultural

Exposición, “Fotografía para o cambio”

📅 Data: 23 Marzo 2026
📍 Lugar: CMUS A Estrada
✍️ Autor: CMUS A Estrada

É para nós unha satisfacción contar un ano máis coa colaboración dunha creadora da nosa contorna, reforzando así o compromiso do centro coa cultura e o talento local.

Así, entre as actividades programadas todos os días no 1º andar do CMUS, destacamos a exposición “Fotografía para o cambio”, da artista Aroa Martínez, que poderá visitarse no primeiro andar do Conservatorio durante os catro días de celebración do festival.

Baixo o suxestivo lema “O que xa non é. A perda como posibilidade”, a mostra propón unha ollada intimista e introspectiva sobre aquilo que xa non está. A través de fotografías de rostros e espazos de A Estrada que desapareceron ou mudaron co paso do tempo, a artista constrúe un diálogo entre memoria e presente, entre ausencia e oportunidade.

Agardamos que esta exposición se convirta nun espazo de encontro entre lembranza e transformación, dialogando coa música que vertebra todo o festival e sumando a súa voz ao conxunto da celebración das artes.

Scroll ao inicio
Ir o contido