Axenda Eventos
Axenda Cultural

Curso de introdución á lingua e cultura galegas

📅 Data: 1 Outubro 2026
Hora: 16:30 h
📍 Lugar: Aula Cemit Fundación Cultural da Estrada (1.ª andar edificio do Conservatorio)
Duración: 20 horas
🎟️ Prezo: 0,00
✍️ Autor: Concello da Estrada e Xunta de Galicia

Convocantes

O Concello da Estrada en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, convocará un curso de benvida dirixido a persoas procedentes doutras comunidades lingüísticas.

Obxectivos

Este curso ten un dobre obxectivo: fomentar a integración e a inclusión sociocultural das persoas participantes así como aproveitar o enorme potencial que supón a chegada de persoas de fóra de Galicia para aumentar o número de falantes da nosa lingua.

Duración, ratio e localización

O curso terá unha duración de 20 horas e a modalidade será presencial cun número máximo de 20 alumnos/as maiores de 16 anos. Impartirase nas tardes dos xoves e venres do mes de outubro na aula Cemit do Concello da Estrada situada na Casa da Música n.º 94 da Avda. Benito Vigo. 

Inscrición

A matrícula, que terá lugar por rigoroso orde de inscrición, poderá realizarse no Dpto. De Cultura, Lingua e Xuventude do Concello da Estrada ata o luns 28 de setembro

Contido 

No curso vanse estudar nocións básicas de lingua galega xunto con outros contidos relacionados coa cultura e a historia de Galicia (gastronomía, tradicións, festas, música etc.), ademais de facilitárselle ao alumnado recursos prácticos para a comunicación no día a día. Non se requiren coñecementos previos de galego.

Ao remate do curso, os alumnos e alumnas recibirán un certificado oficial que acreditará a súa participación no curso. 

TLF INFORMACIÓN 986573601 (Dpto. Cultura, Lingua e Xuventude do Concello)

Scroll ao inicio
Ir o contido