Cabecera Evento
Axenda Cultural

13ª festival de cine de terror “PANIC”

📅 Data: 23 Xaneiro 2026
Hora: 20:00 h
📍 Lugar: A Estrada
🎟️ Prezo: Gratuito ata completar aforo
✍️ Autor: Concello da Estrada

A Estrada volve converterse en punto de encontro para os amantes do terror co Festival Panic, que chega á súa décimo terceira edición cunha programación que mestura cinema, charlas e experiencias moi especiais.

📆 Arrinca o venres 23 de xaneiro e esta é a programación:

📽 CARTELEIRA (Minicines Central – 22:30 h)

👉 Venres 23 de xaneiro
🎬 Maratón de cine de terror: “Together”, “Until Down”, “El vengador tóxico” e “The Sadness”

👉 Venres 30 de xaneiro
🎬 Chainsaw man (antes, a curta “Escarabana”)

👉 Venres 6 de febreiro
🎬 Devuélvemela (antes, a curta “Menú del día”)

🗣 SECCIÓN DIVULGATIVA

👉 Venres 23 de xaneiro – 20:00 h | Teatro Principal
Charla con Darío Loureiro (actor en “Rapa” e “Animal”)

👉 Venres 30 de xaneiro – 20:00 h | Teatro Principal
Charla co terapeuta e médium Daniel Chumillas: “Consciencia máis alá da morte”

👉 Venres 6 de febreiro – 20:00 h | Pazo de Oca
Visionado e visita nocturna ás localizacións de “La novia ensangrentada” (Vicente Aranda)

👉 Sábado 7 de febreiro – 20:00 h | Teatro Principal
“O cemiterio dos espíritos errantes” — maxia e misterio con Luis Boyano

+INFO: panic.aestrada

🖼 O cartel deste ano é obra de Ricardo Terceiro.
Acceso libre e gratuíto a todas as actividades ata completar aforo.

Scroll ao inicio
Ir o contido