Concello da Estrada

Este domingo toca +Convivir na Estrada!

Se formas parte dunha asociación, ou simplemente queres pasar unha tarde diferente, non podes perder esta xornada! Este domingo 10 de novembro, ás 16:15 no pavillón de Coto Ferreiro, chega o programa +Convivir da Deputación de Pontevedra para ofrecernos unha tarde chea de actividades pensadas para divertirse, aprender e convivir!

Charlas sobre o alzheimer e temas de saúde mental. Obradoiros prácticos de risoterapia e ximnasia de mantemento para coidar corpo e mente. Información sobre subvencións para as asociacións de veciños e de mulleres rurais.

E ao remate… un bo viño galego e música en directo para rematar o día con alegría!

Anímate e ven desfrutar dunha tarde de aprendizaxe, diversión e comunidade! Porque xuntos, sumamos máis!

Scroll ao inicio
Skip to content