Imagen Cabecera Común

Encontro Folk Lume na Lareira

A concelleira estradense de Cultura, Lucía Seoane, e o músico Juan Ruibal presentaron este mediodía unha nova edición, a número 18, do Encontro Folk Lume na Lareira. Celebrarase o vindeiro 18 de novembro, ás 18.00 horas, no Teatro Principal.

As entradas poderán adquirirse no departamento municipal de Cultura, na Cafetería Eureka e no Mesón da Estrada, a un prezo de 5 euros.

O cartel deste ano inclúe ao grupo de baile As Campiñas, a Asociación Amoriños, Xirandola, Julio González, Black Mammy, Los Coloretes, os acordeonistas Alonso, José Vidal e Kristo e o broche a cargo do grupo anfitrión, Lume na Lareira.

 

Scroll ao inicio
Ir o contido