Documentación e modelo de alegación ao proxecto Liña Alta Tensión (LAT) A Estrada-Paizás

Máis de 400 persoas asistiron este luns ás reunións convocadas, en Cereixo e Loimil, con veciños e veciñas das parroquias estradenses afectadas polo proxecto da Liña de Alta Tensión (LAT) que Unión Fenosa Distribución promove entre a subestación da Estrada e a de Paizás (Silleda). 

Nos encontros promovidos dende a administración municipal, e nos que participaron técnicos da empresa especializada Tysgal, distribuíronse arredor de 500 modelos de alegación. Esta documentación foi facilitada pola firma que o Concello contratou para informar e orientar aos veciños no proceso que rematará o vindeiro 20 de outubro.

  • As persoas interesadas poden acceder ao MODELO DE ALEGACIÓN premendo aquí
  • Se desexa consultar a RELACIÓN DE BENS E DEREITOS AFECTADOS pode facelo neste enlace
  • Para consultar os PLANOS DA LAT A ESTRADA-PAIZÁS prema aquí
  • Neste enlace pode atopar a referencia da LAT en Google Maps
Scroll ao inicio
Ir o contido