Concello da Estrada

Cultura

Docampo Regengo, Miguel

Biografía

Naceu no ano 1.953.  Realizou o Bacharelato no Instituto da Estrada. Posteriormente realizou  diferentes  estudos e cursiños concernientes á súa real vocación; O deseño, a pintura… Así temos cursos de técnicas de grabado, estampación, deseño asistido por ordenador… e incluso o  curso de Locutor de Radio e Televisión (A Estrada, 2.000).

Ao longo da súa vida impartiu, e segue a impartir, numerosos cursos en col das máis  variadas técnicas do deseño e incluso durante a súa estadía por Ibiza e Palma de Mallorca creou grupos de animación cultural, talleres variados  e incluso creou, e dirixiu, un grupo de guiñol (“RUM- FUM-BUM”).

 

Na actualidade reside na Estrada.

 

No ano 1.978 acadou o premio de Artista xove na campaña de promoción de “Artistas Jóvenes” da Coruña.

 

Son múltiples as súas exposicións nos máis variados lugares, destacando as de A Esrada, Mallorca, Ibiza, Compostela e Pontevedra… así coma outras conxuntas, coma a desenrolada na Estrada pola Asociación Fillos e Amigos da Estrada ou a que se desenvolveu na Galería Sargadelos da Estrada.

 

A nivel de literatura e cultura galega, foi encargado e posteriormente deseñador da revista VAGALUME, publicación infantil e xuvenil, de Santiago de Compostela; nas revistas TEIMA, A NOSA TERRA, CONTRARRETRANCA (A Estrada) e en DORNA. Tamén foi o deseñador de portadas de obras literarias, coma a de BERNARDO RODRÍGUEZ RIBEIRA ( Fundación Cultural da Estrada, 2.002).

Scroll ao inicio
Skip to content