Deputación de Pontevedra o programa “Campamentos A Lanzada” 2026

Oferta 1.540 prazas para nenas e nenos da provincia, e establecer as condicións para participar nel.

Nesta convocatoria poderán participar nenas e nenos que cumpran os seguintes requisitos:

— Nacer entre os anos 2013 e 2018 (ambos os dous incluídos).

— Estar empadroadas ou empadroados nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra.

— Non padecer ningunha enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa.

Os campamentos terán lugar entre o 21 de xuño e o 5 de setembro de 2026. Realizaranse once quendas, de sete días de duración cada unha (de domingo a sábado), nas seguintes datas:

• Primeira quenda: do 21 ao 27 de xuño.

• Segunda quenda: do 28 de xuño ao 4 de xullo.

• Terceira quenda: do 5 ao 11 de xullo.

• Cuarta quenda: do 12 ao 18 de xullo.

• Quinta quenda: do 19 ao 25 de xullo.

• Sexta quenda: do 26 de xullo ao 1 de agosto.

• Sétima quenda: do 2 ao 8 de agosto.

• Oitava quenda: do 9 ao 15 de agosto.

• Novena quenda: do 16 ao 22 de agosto.

• Décima quenda: do 23 ao 29 de agosto.

• Décimo primeira quenda: do 30 de agosto ao 5 de setembro.

As nenas e nenos participantes dispoñerán dos seguintes servizos en cada quenda:

a) Un programa de actividades socioculturais, recreativas, formativas, ambientais, científicas e de convivencia que posibilite a participación de todas as rapazas e rapaces. Algunha destas actividades impartirase en lingua inglesa.

Todas as actividades estarán dirixidas por un equipo técnico especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre, náuticas, científicas e en lingua inglesa. Así mesmo, no caso de menores con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, dispoñerase do persoal de apoio necesario adaptado ás súas singularidades.

b) Aloxamento en tendas de campaña e manutención en réxime de pensión completa.

c) Saídas educativas e de lecer.

d) Todo o material necesario para realizar as actividades.

e) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

Prezo:

• 110 euros por praza.

• 80 euros por praza para menores de familia numerosa ou monoparental.

 As solicitudes de participación no programa poderán ser individuais ou múltiples:

— Solicitude individual:

No caso de irmás ou irmáns que queiran ir en quendas diferentes deberase presentar unha solicitude para cada un deles; deste xeito, entrarán por separado no sorteo para adxudicar a praza e para xerar listas de agarda. Non se poderá garantir que, de conseguir praza, o fagan en quendas diferentes.

— Solicitude múltiple:

No caso de irmás ou irmáns que queiran ir na mesma quenda deberase presentar unha única solicitude cos datos de todas e todos.

PRESENTACIÓN:

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado “613350 Solicitude de participación no programa ‘Campamentos A Lanzada’”, dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes, a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

8.2 Opcionalmente, as solicitudes poderán presentarse de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra. Unha vez cuberto, xerarase unha solicitude en formato PDF, que deberá imprimirse e asinarse para presentarse de forma física.

A ESTRADA CORRESPÓNDELLE: 42 PRAZAS POLO PROCEDEMENTO XERAL E 3 POLO PROCEDEMENTO ESPECÍFICO.

O prazo de presentación das solicitudes será do 2 ao 20 de marzo de 2026.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/02/23/2026008144

Scroll ao inicio
Ir o contido