Cursos de natación de verán 2026

O Concello da Estrada oferta en colaboración co CNS A Estrada, os cursos de natación de verán 2026, que se levarán a cabo nas piscinas municipais nos meses de Xullo e de Agosto, impartidos por persoal do club.

  • Prazo inscricións: do día 24 ata o día 29 de xuño.
  • Grupos por nivel e idade a partir de 7 anos. O número mínimo de alumnos/as requeridos para que os cursos se leven a cabo é de 6 por grupo.
  • En horario matinal de martes a venres a partir das 11 horas.
  • Prezo: 40€ alumno/mes
  • Desconto 20% en familias numerosas e monoparentais (32 euros)
  • Unha vez pechada a inscrición comunicaraselle a cada inscrito/a o seu grupo e horario.
  • Máis info e inscricións cnsaestrada@gmail.com ou no n° teléfono 606 604 364
  • A forma de pago levarse a cabo a través do Banco Sabadell, no número de conta: ES78 0081 2208 2300 0101 2603.
  • É necesario que no concepto do recibo bancario figure o nome e apelidos do alumno e ter realizado o pagamento antes do inicio da actividade, presentando o xustificante bancario o monitor.
  • Descargar información
  • Descargar ficha inscrición
Scroll ao inicio
Ir o contido