Cultura

Premio de poesía Avelina Valladares

 

O Concello da Estrada mantén o seu compromiso coa creación cultural e coa promoción da lingua galega coa convocatoria dunha nova edición do Premio de Poesía Avelina Valladares, un certame que busca apoiar a lírica galega, animar a novas voces poéticas e contribuír á difusión da vida e da obra da poeta estradense Avelina Valladares, figura clave do século XIX no cultivo literario do noso idioma.

A convocatoria está dirixida a persoas autoras de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas en lingua galega, conforme á normativa oficial vixente (non poderán participar as persoas gañadoras das últimas cinco edicións).

Datos clave da convocatoria

Prazo de presentación: ata o 31 de xaneiro de 2026

Dotación: 2.000 € (premio único, suxeito ás retencións correspondentes)

Formato: obra en PDF nun CD/pendrive e cinco copias en papel

Extensión: mínimo 300 versos e máximo 800

Presentación: baixo lema e con plica pechada coa documentación requirida

Lugar de entrega/remisión: Concello da Estrada, Praza da Constitución, 1, 36680 A Estrada (Pontevedra)

O xurado valorará especialmente a calidade literaria, a orixinalidade e o valor cultural da proposta e o coidado da lingua. Ademais, a presentación ao premio implica a aceptación íntegra das bases.

Bases completas: dispoñibles para descarga no documento adxunto.

Descargar bases.

 
Scroll ao inicio
Ir o contido