- O Concello
- Cultura
-
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
-
-
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Servizo de atención temperá
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2026
- Actividade de ximnasia para persoas con discapacidade auditiva
- Programa “arteterapia” para persoas con discapacidade intelectual
-
-
- Servizos
-
- Trámites
-
Cultura
Home » Cultura » Premios literarios » Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado
Menu
Close
Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

O Concello da Estrada convoca o VI Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e coa colaboración da Editorial Galaxia, co obxectivo de impulsar a creación de álbums ilustrados infantís en lingua galega, poñendo en valor a unión entre texto e ilustración como parte esencial da obra.
Poderán presentarse obras inéditas de tema libre, dirixidas ao público infantil, tanto por unha soa persoa autora (texto e imaxe) como por dúas ou máis persoas coautoras na parte textual e/ou gráfica.
Datos clave da convocatoria
Prazo de presentación: ata o 31 de xaneiro de 2026
Premio: 4.000 € (premio único; se hai varias persoas gañadoras repártese por igual)
Idioma: texto en galego segundo normativa RAG/ILG
Formato: obra completa ou proxecto (dossier con mínimo 8 páxinas rematadas en PDF + escaleta/storyboard completo)
Extensión final do álbum: de 24 a 48 páxinas (sen cuberta/contracuberta/gardas)
Presentación: baixo pseudónimo e con plica pechada coa documentación requirida
Enderezo de envío/entrega: Concello da Estrada, Praza da Constitución, 1, 36680 A Estrada (Pontevedra)
O álbum gañador será publicado pola Editorial Galaxia. O xurado valorará a calidade textual e visual, a orixinalidade e valor cultural e o uso coidado da lingua.