- O Concello
- Cultura
-
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
-
-
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Servizo de atención temperá
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Programa “arteterapia” para persoas con discapacidade intelectual
- Información Campamentos de verán 2025
- Vacacións para maiores IMSERSO
- Listado admitidos Campamento no Mar 2025
- Servizos mínimos folga SAF
-
-
- Servizos
-
- Trámites
-
Cultura
Menu
Close
Estrada Escena Outono 2025
OUTUBRO
FESTIVAL DE DANZA 6 COREÓGRAFAS
DÍA: Sábado 4 de outubro
HORA: A partir das 18.30h
LUGAR: Alameda municipal
XÉNERO: Danza contemporánea
DURACIÓN: 90 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: Entrada libre
SINOPSE: Un ano máis o Festival de Danza Contemporánea da Estrada 6 Coreógrafas bota a andar da man de Paula Quintas cun abano de propostas de rúa interpretadas por al- gunhas das mellores bailarinas e coreógrafas galegas. Unha proposta que trata de achegar o mundo da danza ao gran público.
XACARANDAINA
DÍA: Domingo 5 de outubro
HORA: 12.30h
LUGAR: Praza do Concello
XÉNERO: Música e baile tradicional
DURACIÓN: 90 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: Entrada libre
SINOPSE: A través do programa Danza 3 da Xunta de Galicia, Xacarandaina aterra no festival 6 Coreógrafas da Estrada para amosar o traballo dunha agrupación que é algo máis ca un ballet folclórico ou unha banda de gaitas. Xacarandaina é un dos grandes recupe- radores do folclore tradicional e un exemplo da arte popular de Galicia.
https://www.youtube.com/watch?v=ULfV0th3Mws
TRASH!
Producciones Yllana (Madrid)
DÍA: Venres 10 de outubro
HORA: 20.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Comedia xestual
DURACIÓN: 70 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: 10,00€ / venda online: ataquilla.com / venda física: Concello da Estrada
SINOPSE: Producciones Yllana e Toom Pak únense para crear un espectáculo vital e enerxético sobre as posibilidades da reciclaxe a través da percusión, o movemento e o humor. A historia acontece nun centro de reciclaxe de lixo, onde catro imaxinativos operarios danlle novos usos a todo tipo de material de refugallo, facéndonos rir a esgalla e con- vidándonos a reflexionar sobre o exceso de consumismo da nosa sociedade.
https://www.youtube.com/watch?v=e6ZM-4t_2OE
FALA FALA FALANGUEIRA!
Matrioshka Teatro
DÍA: Sábado 11 de outubro
HORA: 12.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 50 min
PÚBLICO: +6 anos
PREZO: 3,00€ (venda anticipada: Concello da Estrada a partir do 6 de outubro)
SINOPSE: Esta peza nace do amor á lingua galega. Chelo do Rejo e Anabell Gago, dirixidas por Gena Baamonde xogan ao redor do mundo das palabras, amosando como estas foron transmitidas de xeración en xeración. Unha obra que configura no maxín dos máis e menos peques momentos de diversión e reflexión.
https://www.youtube.com/watch?v=S2CLslitFr8
BOA SORTE, MALA FAMA
Tarabela Creativa
DÍA: Venres 17 de outubro
HORA: 12.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 120 min
PÚBLICO: Adulto
PREZO: 5,00€ (venda anticipada: Concello da Estrada a partir do 13 de outubro)
SINOPSE: Esta peza nace da necesidade de contar aquilo do que pouco se fala. Nela vaise fa- cendo unha cartografía e un percorrido a través de distintas épocas e persoas para contar a historia máis incómoda da nosa emigración. Tres mulleres en escena para representar o rostro menos institucional da emigración galega.
https://www.youtube.com/watch?v=tgg1mhkHPwY
CONCERTO DE OUTONO
Coral Polifónica Estradense e Coro O Noso Lar de Barakaldo.
DÍA: Sábado 18 de outubro
HORA: 20.00h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Música popular
DURACIÓN: 60 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: Entrada libre ata completar a capacidade da sala
SINOPSE: A Coral Polifónica Estradense afronta o seu tradicional concerto de outono acompa- ñada dunha agrupación de excepción: O Coro O Noso Lar do Centro Gallego de Ba- rakaldo. Ambas as dúas corais darán cumprida réplica ao concerto realizado no Cen- tro Gallego de Bizkaia en decembro do pasado ano.
A LENDA DE MONTELONGO
Coral Polifónica Estradense + EMAE
DÍA: Sábado 25 e domingo 26 de outubro
HORA: Ás 20.00h (sábado) e 19.00h (domingo)
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Zarzuela galega
DURACIÓN: 60 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: 5,00€ (venda anticipada no Concello da Estrada a partir do 13 de outubro)
SINOPSE: A Coral Polifónica Estradense e a Escola Municipal de Artes Escénicas dirixidas por Javier Comesaña na parte musical e Julio Cores, na teatral, poñen en escena esta obra orixinal de Bernardo del Río 100 anos despois da súa estrea en Santiago de Compos- tela. Arrouparán ás agrupacións, a soprano cubana Indra Sesti e o barítono cambadés Jacobo Rubianes acompañados polo profesorado do Conservatorio Profesional de Música da Estrada. Unha das grandes citas do outono cultural estradense.
OSWALDO DIGÓN
In-certo
DÍA: Venres 31 de outubro
HORA: Ás 20.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Monólogo cómico
DURACIÓN: 75 min
PÚBLICO: Adultos
PREZO: 10,00€ / venda online en ataquilla.com
SINOPSE: In-certo é unha comedia onde Oswaldo mestura o seu estilo de cómico de Stand-up coa súa dilatada experiencia como improvisador teatral contando historias que abran- guen dende o fenómeno do tsunami tecnolóxico á ansiedade e as preocupacións da vida moderna. Todo en clave de humor e cunha coidada escenografía.
https://www.youtube.com/watch?v=Z1lW9rajFhM
NOVEMBRO
ANDURIÑA (concerto tributo a Juan Pardo)
Antonio Barros e Ialma
DÍA: Venres 7 de novembro
HORA: Ás 20.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Concerto pop
DURACIÓN: 75 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: 5,00€ (venda anticipada no Concello a partir do luns 3 de novembro)
SINOPSE: Con este espectáculo tributo a Juan Pardo, recordaremos algunhas das súas cancións máis coñecidas da man de Antonio Barros, gañador do programa “O Sucesor de Juan Pardo” da Tvg, e coa maxia da súa inseparable iAlma. Un concerto acústico, a piano e voz, que homenaxeará a un autor tan ligado ao municipio estradense.
https://www.youtube.com/watch?v=1xsy4fYuzos&list=PL7kki3DpVyHzBwhKtmdeavh6resRgkYGm&index=7
PUM PUM, QUEN HAI?
Artika Cía
DÍA: Sábado 8 de novembro
HORA: Ás 12.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Comedia musical
DURACIÓN: 50 min
PÚBLICO: Infantil +3
PREZO: 3,00€ (venda anticipada no Concello a partir do luns 3 de novembro)
SINOPSE: Gaia é unha nena moi inquieta. A cativa xogará co público máis novo ao xogo máis popular da súa aldea mentras lle falará da tolemia que asolou a súa casa a primeira vez que chegaron novos veciños. Unha divertida comedia musical onde nenos e ne- nas bailarán e rirán na compaña da Tía Maruxa e D. Rosmón.
https://www.youtube.com/watch?v=kpX3pH55LR8
AS R(H)UMOROSAS
Ledicia Sola, Marta Doviro e Carmen Méndez
DÍA: Sábado 8 de novembro
HORA: Ás 20.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Sketchs cómicos, música e monólogos
DURACIÓN: 80 min
PÚBLICO: Adulto
PREZO: 6,00€ / venda online en atquilla.com / Concello da Estrada
SINOPSE: Que dirían María Pita, Rosalía de Castro ou Isabel Zendal se fosen cómicas hoxe en día? Marta, Carmen e Ledicia danlles voz a estas e outras mulleres ilustres de Galicia a través de situacións imaxinarias como unha entrevista no SEPE, un programa de chismes ou un cásting. Un espectáculo que inaugurará o ciclo da Muller organizado polo Concello da Estrada.
https://www.youtube.com/watch?v=HOJcqIuK6_k
XOSÉ A. TOURIÑÁN
Aquí Tou!
DÍA: Venres 14 de novembro
HORA: Ás 20.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Monólogo cómico
DURACIÓN: 70 min
PÚBLICO: Adulto
PREZO: 12,00€ (Concello) / 18.00€ (ataquilla.com) Venda a partir do 3 de setembro
SINOPSE: En Aquí Tou, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata o seu posible epitafio. Momentos clave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción e anécdotas propias con cultura popular galega, Touriñán cativa o público cun monólogo que anda a esgotar as localidades alá por onde pasa. Imprescindible!
BICHITOS
Spasmo Teatro (Salamanca)
DÍA: Sábado 15 de novembro
HORA: Ás 18.00h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Comedia xestual
DURACIÓN: 50 min
PÚBLICO: + 3 anos
PREZO: 5,00€ (venda a partir do 10 de novembro no Concello da Estrada)
SINOPSE: Arañas, saltóns, abellas, escaravellos… “Bichitos” é un espectáculo de humor xestual para toda a familia que nos convida a respectar e valorar os nosos pequenos veciños invertebrados. Unha obra de teatro divertidísima, que encherá o escenario de sorpren- dentes animais de tamaño xigante e que axudará a sensibilizar o espectador no coida- do do medio ambiente. Ideal para ver en familia!
https://www.youtube.com/watch?v=Hjgbt0w_Ht8
FESTIVAL FOLK LUME NA LAREIRA
DÍA: Domingo 16 de novembro
HORA: Ás 18.00h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Concerto de música tradicional
DURACIÓN: 150 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: 5,00€ (venda de entradas a partir do 24 outubro en Eureka, Mesón e Concello)
SINOPSE: O Festival Folk Lume na Lareira, organizado pola formación musical que dirixe Juan Ruibal, en colaboración co Concello de A Estrada, celebrará a súa décimo oitava edi- ción xa consolidado coma un dos grandes eventos galegos de música tradicional. Este ano volverá a contar coa presenza de agrupacións da comarca estradense mais outras chegadas de fóra de Galicia. Unha cita repleta de humor e música.
AS FORMAS DO AMOR
Verdeveras E.A.
DÍA: Venres 21 de novembro
HORA: Ás 20.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 65 min
PÚBLICO: +16 anos
PREZO: De balde, con retirada previa de invitación a partir do 17 de novembro no Concello
SINOPSE: Peza que trata dunha parella. Un deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois nas nosas vidas. Que ten o poder de poñelo todo patas arriba e nos trans- formar de arriba a abaixo. Logo de tanto tempo separada, talvez hoxe sexa o día si- nalado para que esta parella volva atoparse por segunda vez. Unha ocasión inmello- rable para emprendermos unha viaxe emocional cara a iso que chamamos “amor”.
https://www.youtube.com/watch?v=1Q_IE_h8O6g
CONCERTO DE STA CECILIA
Banda Municipal da Estrada
DÍA: Sábado 22 de novembro
HORA: 20.00h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Xénero bandístico
DURACIÓN: 60 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: De balde, con retirada previa de convite no Concello a partir do 17 de novembro
SINOPSE: Un outono más, a Banda Municipal da Estrada, dirixida polo mestre Álvaro Varela, réndelle tributo á súa patroa cunha selección de pezas que toca xéneros tan diversos como a zarzuela, o pasodoble, a xota ou tamén a canción galega. Un concerto no que a agrupación estradense reunirá sobre o escenario a preto de 70 músicos e músicas.
CONCERTO DE STA CECILIA
Banda Cultural da Estrada
DÍA: Venres 28 de novembro
HORA: 21.00h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Xénero bandístico
DURACIÓN: 60 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: Entrada libre ata completar a capacidade da sala
SINOPSE: Un outono más, os 30 membros da Banda Cultural da Estrada, dirixidos polo mestre Ricardo Oliver, festexarán a celebración de Sta Cecilia, presentando o seu novo re- pertorio. Unha cita ineludible para os moitos afeccionados ao xénero bandístico na Estrada.
DAYNA KURTZ EN CONCERTO
DÍA: Sábado 29 de novembro
HORA: 20.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Jazz, folk, blues e pop
DURACIÓN: 75 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: 10,00€ / venda online: ataquilla.com
SINOPSE: Dayna Kurtz é unha cantautora norteamericana con 15 discos no mercado e colabo- racións con artistas da talla de Norah Jones. O seu estilo é unha mestura de jazz, folk, pop e blues e foi nomeada Compositora Feminina do ano 1997 pola Academia Na- cional de Compositores norteamericana. Compartiu xira con artistas da talla de El- vis Costelo, Rufus Wainwright ou B.B King. Sen lugar a dúbidas, estamos diante dunha das mellores voces do panorama musical internacional.
https://www.youtube.com/watchv=TNM9MdRxtTI&list=RDTNM9MdRxtTI&start_radio=1
DECEMBRO
PACORDAS LOCANDROLL
Escola de Música Pacordas
DÍA: Sábado 13 de decembro
HORA: 20.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Rock
DURACIÓN: 105 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: Retirada de convites na propia escola
SINOPSE: A escola Pacordas, dirixida por Paco Guerra, fai a súa presentación en sociedade da man de 30 músicos que interpretarán clásicos do rock de agrupacións como Deep Purple, Led Zeppelin, Extremoduro ou Iron Maiden.
MÚSICA DE NADAL
Banda de Música Municipal da Estrada, Coral Polifónica de Berres e Coral Polifónica de Sta Cruz de Ribadulla
DÍA: Venres 19 de decembro
HORA: 20.00h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Panxoliñas
DURACIÓN: 60 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: De balde previa retirada de convite a partir do 15 de decembro
SINOPSE: Dúas das agrupacións máis representativas da vila, como son a Banda de Música Municipal da Estrada e a Coral Polifónica de Berres, acompañadas pola Coral Poli- fónica de Sta Cruz de Ribadulla, unen forzas para ofrecer un concerto composto por música popular e unha selección de panxoliñas.
CONCERTO DE NADAL
Coral Polifónica da Estrada e Coral Polifónica de Soutomaior
DÍA: Sábado 20 de decembro
HORA: 20.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Panxoliñas
DURACIÓN: 60 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: De balde previa retirada de convite a partir do 15 de decembro
SINOPSE: Como xa é habitual, o nadal estradense inaugurarase, oficialmente, coa actuación no Teatro Principal da Coral Polifónica Estradense dirixida por Javier Comesaña e a- compañada pola Coral Polifónica de Soutomaior, o pianista Alejo Amoedo e o bai- xista Carlos Méndez. Unha actuación na que poderán escoitarse pezas de zarzuela e clásicos do teatro musical.
ENCONTRO DE COROS PARROQUIAIS
Igrexa parroquial de San Paio
DÍA: Domingo 21 de decembro
HORA: 18.00h
LUGAR: Igrexa parroquial de San Paio
XÉNERO: Panxoliñas e repertorio popular
DURACIÓN: 60 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: Entrada libre
SINOPSE: Como xa é habitual, a noiteboa estradense chega precedida pola actuación na igrexa parroquial de San Paio dunha delegación de coros chegados dende unha decena de parroquias do municipio. Un concerto no que cobrará protagonismo a panxoliña e pezas sacadas do cancioneiro litúrxico.
CONCERTO DE NADAL DO OBRADOIRO DE MÚSICA MODERNA CARLOS BARRUSO
DÍA: Martes 23 de decembro
HORA: 20.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Jazz, funk, soul
DURACIÓN: 70 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: Entrada de balde, previa retirada de convites no Concello a partir do 15 de decembro
SINOPSE: Coma cada nadal, o O.M.M. Carlos Barruso despide o ano cun concerto no que inter- virán tanto a Big Band, dirixida por Rubén Servide, como o coro da escola, dirixi- do por Ramón Bermejo. No concerto poderán escoitarse clásicos do góspel fusión, do jazz, do funk ou do soul.
CONCERTO “O NADAL COA AVOA FINA”
A Gramola Gominola
DÍA: Sábado 27 de decembro
HORA: 12.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Rock
DURACIÓN: 60 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: De balde (retirada previa no Dpto. Cultura a partir do 22 de decembro)
SINOPSE: Unha das bandas infantís de máis éxito en Galicia, aterra no Principal para enchelo de rock, cornos de reno e cristas de nadal. Neste espectáculo, toda a familia poderá gozar das mellores cancións gramoleiras do Nadal e celebrar con cada baile, rir co seu humor e corear os retrousos máis apegadizos. Cancións tan coñecidas como o Apalpador ou o Rap Metal do Nadal.
https://www.youtube.com/watch?v=FVX2DzuYWG0&list=RDFVX2DzuYWG0&start_radio=1
XANEIRO
O MUNDO MÁXICO DE PINOCHO
EducaTeatro
DÍA: Venres 2 de xaneiro
HORA: 17.00h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Comedia musical
DURACIÓN: 55 min
PÚBLICO: Todos os públicos
PREZO: 6,00€ (retirada no Dpto. Cultura a partir do 1 de decembro)
SINOPSE: Nesta peza, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clá- sico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de con- verterse nun neno de verdade. Un clásico ideal para ver e gozar en familia!