Concello da Estrada

Cultura

Estrada escena outono 2024

OUTUBRO

 

MELONCOLÍA
Joan Estrader

DATA: 04-10-2024 (21.00h)
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 50 min
PÚBLICO: +12 anos
ENTRADA: 5,00€ (capacidade da sala reducida)

SINOPSE: É este un espectáculo surrealista cargado de xogos de palabras que agochan una profunda e entrañable melancolía. O humor de Joan Estrader non coñece de modas nin de tópicos. É un agasallo cheo de talento que sitúa ao espectador entre o sorriso e a certeza de que detrás da súa aparente inxenuidade, reloce una grandeza e unha tenrura que nos reconcilia coa nosa propia humanidade. Falamos de teatro do bo. Do que deixa un pouso no corazón que non se esvae tras a volta á casa.

 

IV FESTIVAL DA ESTRADA DE DANZA E ARTES DO MOVEMENTO 6 COREÓGRAFAS

SECCIÓN ESPECTÁCULOS
Este vindeiro sábado día 5 de outubro terá lugar a cuarta edición do festival de danza e artes do movemento 6 Coreógrafas coa seguinte programación.
18.30h Intempestiva (CÍA ELAHOOD)
18.50h Mesura (Raquel Ferradás)
19.10h Minguantes (La Guajira)
19.45h Dance Join (Marta Alonso)
Os espectáculos están previstos na Alameda municipal. No caso de choiva, os tres primeiros desenvolveranse na aula de danza do Novo Mercado e o último no Teatro Principal.

SECCIÓN OBRADOIROS
10.00h-11.00h / 7-12 anos:  Obradoiro de waacking Danza Club a cargo de Elahood (Alameda municipal ou sala Mome no caso de choiva)
11.00h-12.00h / 12-18 anos: Obradoiro de waacking Danza Club a cargo de Elahood (Alameda municipal ou sala Mome no caso de choiva)
13.00h-14.00h / a partir de 18 anos: Obradoiro Discoteca de señoras sesión vermú impartido por Marta Tejada (Praza Novo Mercado ou aula do Novo Mercado en caso de choiva)

 

 

 

Concerto de Samaín da Banda Xuvenil da Banda Municipal da Estrada
11 (20.00h)

 

WAR BABY
Yllana

DATA: 18-10-2024 (21.00h)
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia xestual
DURACIÓN: 80 min
PÚBLICO: +12 anos
ENTRADA: 10,00€
SINOPSE:  Dirixida por David Ottone e Joe O´Curneen, WAR BABY trasládanos a un centro de recrutamento militar no que un grupo de despistados recrutas é adestrado para unha disparatada guerra que provocou o novo líder do país, que resulta ser un bebé consentido e belicoso. Unha restra de personaxes divertidísimos e una interminable morea de situacións disparatadas ao redor da temática da guerra e o poder serán a base desta sátira antibelicista de Yllana. Unha proposta que nos convida a reflexionar a través das gargalladas.


 

CERTAME DE OUTONO DE CORAIS
Coral Polifónica Estradense

DATA: 19-10-2024 (20.30h)
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Concerto de música coral
DURACIÓN: 60 min
PÚBLICO: Todos os públicos
ENTRADA: De balde (con retirada previa de invitación)
SINOPSE:  Como xa é habitual, a Coral Polifónica Estradense saúda a chegada do outono cun concerto de música coral no que estará acompañado pola Coral Polifónica de Monforte. Un certame composto por habaneras e canción moderna. Doce pezas destinadas aos moitos afeccionados da nosa vila ao canto coral.

 

Arturo Cobas “Nono” e Natalia “Pajarito”

DATA: 25-10-2024 (21.00h)
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Clown
DURACIÓN: 55 min
PÚBLICO: Público familiar
ENTRADA: 5,00€ (retirada previa no Dpto. Cultura)

SINOPSE: Arturo Cobas e Natalia Outeiro “Pajarito” únense para crear un tenro espectáculo, onde cada maleta contén unha sorpresa, unha historia, unha nova aventura por descubrir. Mais, que pode saír mal cando se trata dunha combinación tan explosiva como a de dous artistas coa súa propia bagaxe emocional?

 


 

 

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA
A Xanela do Maxín

DATA: 26-10-2024 (12.00h)
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia infantil
DURACIÓN: 45 min
PÚBLICO: +2 anos
ENTRADA: 3,00€

SINOPSE: A Toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento, converténdose en A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre… Un best seller infantil convertido nunha divertida peza teatral.

 

VIVA LA ZARZUELA!
Escola Municipal de Música da Coruña

DATA: 26-10-2024 (20.00h)
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Zarzuela
DURACIÓN: 60 min
PÚBLICO: Todos os públicos
ENTRADA: 3,00€ (retirada previa no Dpto. Cultura)

SINOPSE: O concerto Viva la zarzuela fai un repaso por clásicos da zarzuela como “El barberito de Lavapiés”, “Los claveles” ou “La verbena de la paloma”. No concerto intervén una representación do alumnado de canto lírico da Escola Municipal de Música da Coruña

 

O ÚNICO QUE VERDADEIRAMENTE QUIXEN TODA A VIDA É SER DELGADA
Esther F. Carrodeguas (Butaca Zero)

DATA: 31-10-2024 (20.30h)
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Monólogo
DURACIÓN: 50 min
PÚBLICO: Adultos (venda anticipada Concello)
ENTRADA: 5,00€

SINOPSE: Finalista do I Concurso de Monólogos da SGAE, esta proposta, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Esther Carrodeguas aborda cunha sinceridade brutal e humor irónico a relación da actriz co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera esquina da nosa sociedade da fermosura.

 

 

NOVEMBRO

 

OBRA CANCELADA ATA NOVO AVISO

PÁLIDO PUNTO AZUL
Javier Otero

DATA: 07-11-2024 (20.30h)
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Ópera contemporánea
DURACIÓN: 60 min
PÚBLICO: +2 anos
ENTRADA: 3,00€

SINOPSE: Pálido Punto Azul é unha ópera contemporánea composta por Javier Otero Neira con libreto de Iria Azevedo, que toma como punto de partida a famosa fotografía tomada pola sonda Voyager 1 en 1990 a unha distancia de 6.000 millóns de quilómetros da Terra. A ópera xunta un grupo de artistas multidisciplinares que traballan linguaxes como a danza, o audiovisual, a performance e a música electrónica.

 

LETICIA REY, EN CONCERTO

DATA: 08-11-2024 (21.00h)
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Concerto de música contemporánea
DURACIÓN: 70 min
PÚBLICO: Todos os públicos
ENTRADA: 5,00€

SINOPSE: Leticia Rey é unha cantante e compositora galega. Tras resultar gañadora do concurso Sonidos Mans Salas 2020 e formar parte das actuacións musicais de eventos coma o Rías Baixas Fest 2021 e o Sinsal 2021, Leticia Rey ofrecerá un concerto xunto ao excepcional pianista Iago Mouriño, presentando o disco LuX. Unha das grandes voces emerxentes do panorama musical galego!

 

 

 

ENTRAÑAS NEGRAS
Disfunción Continua

DATA: 09-11-2024 (20.30h)
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 80 min
PÚBLICO: Adultos (venda anticipada Concello)
ENTRADA: 3,00€

SINOPSE: Tres irmás, Isaura, Hortensia e Aurora, velan ao defunto marido da primeira no pazo familiar, no que semella que os reloxos quedaron parados noutro tempo. Filomena, a fiel criada, parece o seu único contacto co exterior. Nunha treboenta noite de agosto, o sobrenatural e o real mestúranse e confunden ao espectador, que descubrirá segredos do pasado que antes ou despois debían aflorar.

 

 

IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER
Compañía Humana

DÍA: Venres 15 novembro
HORA: 21.00h

Iphixenia, unha “nini” de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía dando voltas polas rúas da súa vila. Unha noite coñece un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación estraña, como de non estar soa. A partir de entón, unha serie de circunstancias alleas levará a protagonista a sufrir unha grande perda. Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar os deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara á sociedade que a marxina.

 

 

 

CONCERTO DE STA CECILIA
Banda Cultural da Estrada

DÍA: Sábado 16 novembro
HORA: 20.30h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Música de banda
DURACIÓN: 60 min
IDADES: Todos os públicos
IDIOMA: Galego
PREZO: Entrada libre ata completar a capacidade da sala

SINOPSE: A Banda Cultural da Estrada celebra o seu tradicional concerto de Sta Cecilia cun repertorio variado e un fragmento do concerto de Aranjuez en homenaxe a Raúl Villar, trombonista da banda falecido recentemente. O concerto será dirixido por Ricardo Oliver e Saúl Liñares.

 

ENCONTRO FOLK LUME NA LAREIRA

DÍA: Domingo 17 novembro
HORA: 18.00h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Música popular e tradicional
DURACIÓN: 150 min
IDADES: Todos os públicos
IDIOMA: Galego
PREZO: 5,00€
SINOPSE: Esta edición do mítico festival contará coas actuación da Asociación de Acordeóns de Lalín, as cantareiras e pandereteiras de Maianas, as acordeonistas de Alborada, o grupo Black Mammy, os acordeonistas Christo e Andrea e Lume na Lareira. O evento estará presentado por Julio González e contará coa colaboración das Lerchas.

 

 

CONCERTO DE STA CECILIA
Banda Municipal da Estrada

DATA: 23-11-2024 (20.00h)
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Concerto
DURACIÓN: 60 min
PÚBLICO: Todos os públicos
ENTRADA: De balde (retirada anticipada Concello)

SINOPSE: Un ano máis, a Banda Municipal da Estrada, dirixida polo Mestre Álvaro Varela, réndelle tributo á súa patroa cunha xeira de pezas que tocan xéneros tan diversos como a zarzuela, o pasodobre, xotas e a canción galega. A agrupación xuntará sobre o escenario a preto de 70 intérpretes.

 


MIGUEL LAGO
LAGO COMEDY CLUB

DATA: 29-11-2024 (21.00h)
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Monólogo cómico
DURACIÓN: 85 min
PÚBLICO: Público adulto
ENTRADA: 10,00€ (física) 11,80€ (ataquilla.com)

SINOPSE: Máis de 50.000 espectadores gozaron no Teatro Alcázar de Madrid desta revolución do clásico show unipersonal no que Miguel demostra ser máis libre e irreverente que nunca. Lago, volve demostrar neste espectáculo por que é o gran referente da stand-up en España. A súa Comedy Club, ao estilo dos grandes clubs de Broadway é una homenaxe á comedia onde cada función é única. E é que o que pasa no club, queda no club, por iso en «LAGO», o público pode esperar o inesperado.

 

 

 

DECEMBRO

 

PÁLIDO PUNTO AZUL
Javier Otero

DATA: 05-12-2024 (20.30h)
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Ópera contemporánea
DURACIÓN: 60 min
PÚBLICO: +2 anos
ENTRADA: De balde (retirada previa no Dpto Cultura do Concello da Estrada)

SINOPSE: “Pálido Punto Azul” é unha ópera contemporánea composta polo pianista estradense Javier Otero Neira con libreto de Iria Azevedo, que toma como punto de partida a famosa fotografía tomada pola sonda Voyager 1 en 1990 a unha distancia de 6.000 millóns de quilómetros da Terra. A ópera conta coa soprano Esperanza Mara e a performer Nerea Brey. O espectáculo reflicte o camiño das persoas que buscan a súa identidade nun tempo cambiante e polarizado.

 

14 (20.30h)
Un médico na aldea, EMAE + Tequexetéldere (FUNCIÓN DESPEDIDA)
19 (19.00h)
Festival Escola Banda Municipal da Estrada
20 (21.00h)
Concerto de nadal do Obradoiro municipal de música moderna Carlos Barruso
21 (20.30h)
Concerto de fin de ano da Coral Polifónica Estradense
27 (21.00h)
Nós tamén corremos a San Silvestre, As Lerchas, Padre Xiao e OMMCB
28 (20.00h)
Carme, sempre túa, Banda Municipal da Estrada + EMAE
30 (1.º pase ás 18.00h / 2.º pase ás 20.00h)
Rudolph, el musical, Cía La Bicicleta

 

 

XANEIRO

03 (12.30h)
Os fabulosos cleaners, Malasombra Teatro

Scroll ao inicio
Skip to content