Cultura
Couceiro Bugallo, Xosé
Biografía
Naceu en Santo André de Souto ( A Estrada) no ano 1.963. Estudou na Estrada e máis en Santiago de Compostela, cousa que mesturou cos traballos de cotío, na casa de labranza na que se criou. Se hai dúas cousas que envirtaron o seu espírito artístico foron por unha banda un galano que certo día lle avasallaron: unha gaita. Foi o estudo da gaita o que o levou a querer saber e a amar sen condicións a Galiza e en particular á terra que o viu nacer. Xa na postdictadura, nos seus anos de bacharelato, compuxo os seus primeiros escritos en galego e co –fundou o primeiro grupo de música tradicional chamado “ Airiños da Baiuca”. Dende aquela sempre estivo activo no mundo músico- cultural, colaborando na fundación, e sobre todo na didáctica, de máis dunha ducia de formacións, hoxendía vixentes as máis delas. Compuxo varias pezas para gaita e algún cantar. Na actualidade exerce como instrutor de música tradicional, maiormente de gaita e como artesán.
A partir dos anos 90 está a abondar un pouco máis na escritura. A súa obra permanece case toda inédita. É autor da obra lírica titulada O MEU BRADO MAINIÑO ( Ed. Fervenza, 2.004).
O meu brado mainiño
Autor: Couceiro Bugallo, Xosé
Editorial: Edicións Fervenza
Descripción:
Escolleita de poemas inéditos, de anos para atrás, complemento ás súas actividades artísticas, que sempre estiveron relacionadas coa música.