Convócase un curso para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix) no seu nivel de iniciación, na modalidade de teleformación titorizada
AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2025 pola que se convoca un curso para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix) no seu nivel de iniciación, na modalidade de teleformación titorizada.
1. Poderán participar nesta acción formativa as persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes do remate do prazo de inscrición.
2. Para o correcto seguimento desta actividade, as persoas solicitantes deberán dispor e ter acceso a:
a) Un ordenador con conexión á internet de banda larga.
b) Un navegador actualizado (recoméndase Google Chrome).
c) A unha conta de correo electrónico activa.
———————————————————————-
Duración: 250 horas lectivas.
Modalidade: teleformación titorizada con aproveitamento activo e avaliación continua, a través da plataforma de teleformación da rede CeMIT.
A realización total do itinerario formativo, é dicir, unha vez superados todos os bloques temáticos dentro do prazo establecido, dará dereito á expedición do certificado de competencias dixitais (ComDix-iniciación), que realizará de oficio a Amtega.
Datas de realización: desde o 26 de maio ata 28 de decembro de 2025, como máximo.
O prazo para a inscrición será de dez (10) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250423/AnuncioG0177-110425-0001_gl.pdf