Cultura
Constenla Bergueiro, Gonzalo
Biografía
Naceu na Estrada no 1.965, onde cursou o ensino primario e secundario. Na Universidade de Santiago de Compostela realizou os estudos de Filoloxía Germánica, na rama de Filoloxía Inglesa.
Dende 1.990 é titular do corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, nas que impartiu docencia en Ponferrada, Vigo e Pontevedra, e dende o ano 1.992 é profesor da Universidade de Vigo. Na actualidade imparte docencia na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela e na Facultade de Filología e Tradución de Vigo, onde tamén desenvolve o seu labor investigador. Como tal, formou parte do equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela que elabora o “ Diccionario manual inglés-galego e galeso – inglés”, financiado pola Xunta de Galicia e do grupo de investigación “ Literatura popular” da Universidade de Vigo. Arestora é membro dos grupos de investigación “ La traducción literaria en España ( repertorio informatizado crítico- bibliográfico de las traducciones publicadas en España 1.940 – 2.002) da Universitad de Barcelona, e “ Biblioteca dixital da traducción literaria galega ( 1.980 – 2.005)” da Universidade de Vigo, ambos os dous financiados polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. Como investigador, presentou asemade diversos velatorios e comunicacións en diferentes congresos, simposios e seminarios. Ten realizado estadías como investigador convidado nas Universidades de Kent ( Inglaterra), Cork ( Irlanda), Malta, País de Gales e Costa Rica, e como profesor convidado nas de Bochum ( Alemaña) e Bruxelas ( Bélxica).
É membro do Concello de redacción de “ Viceversa. Revista galega de traducción”, e formou parte dos comités de organización de diversos congresos, simposios e seminarios.
No eido do asociacionismo de base, foi menbro das directivas da “ Asociación Cultural A Estrada”, “ Asociación Xuvenil Proxecto Zarabeto”, “ A Mesa pola Normalización Lingüística” ou a “ Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ( ADEGA)”. Dende o 1.995 é Concelleiro do Grupo Municipal do BNG, e desde o ano 2.000 portavoz do mesmo, na Corporación Municipal da Estrada.
A nivel individual publicou ANTOLOXÍA DO ENSAIO SOCIOLINGÜISTICO ( ASPG –A Nosa Terra, 1.996) e tamén é co-autor do DICCIONARIO DE SINÓNIMOS DA LINGUA GALEGA ( Galaxia, 1.997). Tamén son moi salientábeis os seus capítulos inseridos en diferentes obras. Así temos: “ Unha proposta didáctica para o ensino da traducción do inglés” na HOMENAXE A RAMÓN LOURENZO ( Galaxia, 1.998); “ O ensaio sociolingüistico” en HISTORIA DA LITERATURA GALEGA ( ASPG – A Nosa Terra, 1.996); “ Cronología da historia contemporánea de Galiza” en TEMPOS DE SERMOS. GALICIA NOS SÉCULOS CONTEMPORÁNEOS ( Universidade de Vigo, 2.002); “ A situación do galego: do colonialismo á mundialización, Unha lectura política” en NACIONALISMO E GLOBALIZACIÓN: LINGUA, CULTURA E IDENTIDADE ( Universidade de Vigo, 2.003) e “ Introdución” en LINGUAS SEN ESTADO E PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA ( I): ITALIA E FRANCIA ( Universidade de Vigo,2.003).
Por outra parte, cómpre salientar varias traducións do inglés ao galego. Así temos: EXPEDICIÓNS, EXPLOTADORES E PIONEIROS ( Edicións Xerais de Galicia, 1.996): A GUERRA DOS MUNDOS ( Edicións Xerais de Galicia, 1.998); NA PROCURA DO EFÉMERO. O CORREO DA UNESCO ( UNESCO- Xunta de Galicia, 1.997) e EDUCACIÓN PARA TODOS. O CORREO DA UNESCO ( UNESCO-Xunta de Galicia, 2.000).
Asemade foi encargado da edición e coordinación de diferentes publicacións colectivas, como: CASTELAO. CO PENSAMENTO EN GALIZA. Actas do Congreso ( Concello de Pontevedra- ASPG-Universidade de Vigo, 2.001); TEMPOS DE SERMOS. GALICIA NOS SÉCULOS CONTEMPORÁNEOS ( Universidade de Vigo, 2.002); LINGUAS NON NORMALIZADAS. PRESENTE E FUTURO. Actas do Congreso Internacional ( ASPG-Universidade de Vigo, 2.002) e LENGUAS SEN ESTADO E PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA ( I ) : ITALIA E FRANCIA ( Universidade de Vigo, 2.003).
Tamén son múltiples os seus artigos e reseñas en publicacións periódicas.