Imagen Cabecera Común

Concerto de Santa Icía da Banda de Música Municipal da Estrada

A Banda de Música Municipal da Estrada, que dirixe Álvaro Varela, ofrecerá esta fin de semana o seu tradicional concerto de Santa Icía. Será o sábado, 22 de novembro, ás 20.00 horas e no Teatro Principal.

Esta actuación especial, dedicada á patroa dos músicos, contará con máis de 70 intérpretes que forman a agrupación. Ofrecerán ao público un repertorio variado e de diversos estilos.

Para asistir ao concerto é necesario retirar os convites (gratuítos) no departamento de Cultura do Concello da Estrada, que xa se están despachando a gran ritmo.

En canto ao repertorio, estará formado polas seguintes pezas:

🎵 Overture to “Candide” de Leonard Bernstein.

🎵Danza Sinfónica, de James Barnes.

🎵 Pórtico, de Antón Alcalde.

🎵1812, de P. I. Tchaikovsky.

🎵 Pepe Núñez, de Juan Sánchez.

Scroll ao inicio
Ir o contido