Concello da Estrada

Concelleria de Xuventude convoca unha nova edición dos campamentos dixitais

A Concellería de Xuventude do Concello da Estrada en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, por en marcha unha nova edición dos CAMPAMENTOS DIXITAIS para o vindeiro semestre académico.

Campamento Dixital é un programa de actividades extraescolares, en competencias dixitais, gratuítas para nenos, nenas e adolescentes de 9 a 17 anos.

Son sesións de 30 horas de formación gratuíta máis actividades complementarias en liña guiadas, polas tardes.

A pasada edición foi un éxito, e máis de 15 rapaces se beneficiaron destas actividades extraescolares.

Nesta nova edición abrimos novamente cos dous grupos de participantes:

Curso: Campamento Dixital – L2 con Concello da Estrada Liña de acción: L2 (14-17 anos)
Programación: Luns e Xoves do 27 de xaneiro ao 20 de marzo (17:00-19:00). 30h presenciais – 03/03 Non lectivo
Modalidade: Presencial

Curso: Campamento Dixital – L1.1 + L1.2 con Concello da Estrada Liña de acción: L1.1 (9-13 anos)
Programación: Mércores e Venres do 29 de xaneiro ao 21 de marzo (17:00-19:00). 30h presenciais – 05/03 Non lectivo
Modalidade: Presencial

Dirección: Avenida Benito Vigo, 94 1º (Aula Cemit) – 36680 A Estrada (Pontevedra)
O Concello da Estrada busca con estas actividades facilitar a conciliación das familias estradenses á vez que se forme a nosa rapazada en competencias dixitais, algo básico actualmente.

As clases darán comezo a partires do do 27 de xaneiro e chegarán ata o mes de abril.

As persoas interesadas en inscribirse deben poñerse en contacto co departamento de xuventude do Concello da Estrada, deben enviar un correo electrónico ao enderezo: aedl@aestrada.gal indicando o nome e apelidos e data de nacemento do menor; os datos persoais do/a titor/a legal do mesmo e un teléfono de contacto.

Scroll ao inicio
Skip to content