Imagen Cabecera Común

O Concello da Estrada presentou esta mañá a carta para que llos envíes a Melchor, Gaspar e Baltasar, deseñada pola ilustradora estradense Rosa de Cabanas.

O segredo de que medio de transporte elixirán os Magos para chegar, simbolicamente, á Estrada neste Nadal desvelouse: chegarán en carro tirado por bois.

As cartas, un total de 2.500, saíron esta mesma mañá para os colexios do municipio. Tamén poden atoparse no consistorio e nas librerías da Estrada.

Da man desta ilustradora os tres Magos e os seus camelos viaxaron xa en patinete, furgoneta ao estilo camper, globo aerostático, bicicleta, coche antigo, con máscara pola pandemia en 2020, en Seat 600 ou en Vespa. Despois do tractor do ano pasado, este ano chegan en carro. 

Quedamos agardando a súa visita!


Scroll ao inicio
Ir o contido