Chega o Festival Panic de cine de terror
O Concello da Estrada vén de presentar unha nova edición do Festival de Cine de Terror Panic, un evento que acada a súa décimo terceira edición. A concelleira estradense de Cultura, Lucía Seoane, presentou o programa, acompañada por Pedro Pérez, Ricardo Terceiro e Luis Rivadulla.
Pedro Pérez asume o deseño de toda a sección cinematográfica que, coma sempre, se desenvolverá en Minicines Central. Acompañarase dunha sección divulgativa. As dúas conflúen no arranque do festival, o vindeiro venres, 23 de xaneiro.
Velaquí a programación:
📽CARTELEIRA
👉Venres 23 de xaneiro ás 22.30 horas / Minicines Central
Maratón de cine de terror
-“Together”
-“Until Down”
-“El vengador tóxico”
-“The Sadness”
👉 Venres 30 de xaneiro ás 22.30h / Minicines Central
“Chainsaw man” (antes do filme proxectarase a curta “Escarabana”).
👉Venres 06 de febreiro ás 22.30h / Minicines Central
“Devuélvemela” (antes do filme proxectarase a curta “Menú del día”).
🗣SECCIÓN DIVULGATIVA
👉Venres 23 de xaneiro ás 20.00h / Teatro Principal
Charla con DARÍO LOUREIRO (actor de series como “Rapa” e “Animal”)
👉Venres 30 de xaneiro 20.00h / Teatro Principal
Charla co Terapeuta e médium DANIEL CHUMILLAS “Consciencia más allá de la muerte”.
👉Venres 6 febreiro 20.00h / Pazo de Oca
Visionado e visita nocturna ás localizacións do filme “La novia ensangrentada” (Vicente Aranda).
👉Sábado 7 de febreiro 20.00h / Teatro Principal
“O cemiterio dos espíritos errantes” / Maxia e misterio con Luis Boyano
O cartel deste ano é da autoría de Ricardo Terceiro.
O acceso a todas estas actividades é libre e gratuíto ata completar o aforo.