Instituto Galego de Vivenda e Solo convoca axudas ás actuacións de rehabilitación das vivendas (Fondos Europeos) INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F). Persoas e entidades beneficiarias a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, así como das súas vivendas, ben sexan persoas físicas, ben persoas xurídicas de natureza privada. b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal. c) As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal, así como as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actuacións que motiva a concesión da subvención. d) As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal, e por cooperativas en réxime de cesión de uso das súas vivendas. e) As empresas arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas que acrediten a dita condición, mediante contrato vixente, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa. Cando resulten beneficiarias persoas xurídicas de natureza privada, deberán declarar expresamente na solicitude que se encontran debidamente constituídas, conforme a normativa que lles resulte de aplicación. Actuacións subvencionables 1. De conformidade co establecido no artigo 33 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, son actuacións subvencionables as de mellora ou rehabilitación que se realicen en vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva de uso vivenda. No suposto de edificios de tipoloxía residencial colectiva exixirase que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores, se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda. 2. As ditas actuacións deben cumprir os seguintes requisitos: a) Conseguir unha redución de, polo menos, un 30 % no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética e, ademais, unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración da vivenda unifamiliar ou do edificio de, polo menos, un 35 %, se están situados en zonas climáticas D e E, ou dun 25 %, se están situados en zona climática C. b) Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que estas as requiran. 3. No caso de edificios suxeitos a algún nivel de protección por formar parte dun contorno declarado ou por razón do seu particular valor arquitectónico ou histórico en que estean limitadas as actuacións sobre os elementos que compoñen a envolvente térmica, non será necesario o cumprimento do requisito de redución de demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración. Non obstante, aqueles elementos da envolvente sobre os que se poida intervir deben cumprir cos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos na táboa 3.1.1.a-HE1 e 3.1.3.a-HE1, do Documento básico DB HE de aforro de enerxía do Código técnico da edificación. 4. Así mesmo, os edificios en que se realizasen nos últimos catro anos intervencións de mellora da eficiencia enerxética en que poida acreditarse que se reduciu a demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración nunha porcentaxe igual ou superior á establecida no punto 2.a) anterior, quedan eximidos do cumprimento do requisito de redución de demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración. Cando nas ditas intervencións non se alcanzase unha redución igual ou superior á porcentaxe establecida, poderá considerarse satisfeito o requisito se coa consideración conxunta das actuacións realizadas nas citadas intervencións e as que se realicen na actuación obxecto da solicitude se alcanza a correspondente porcentaxe de redución de demanda establecida. Para acreditar a dita circunstancia deberase achegar a correspondente certificación de eficiencia enerxética do edificio antes desas intervencións realizadas e, ademais, calquera documentación que acredite a realización das citadas intervencións, como poden ser autorizacións, proxecto ou memoria, certificado de final de obra, facturas, etc. 5. Ademais do indicado no punto 2, para que as actuacións sexan subvencionables deberanse cumprir os seguintes requisitos: a) Dispoñer de proxecto das actuacións que se pretende realizar, no caso de que estas exixan proxecto. Para o caso de que as actuacións non exixan proxecto, será necesario xustificar nunha memoria subscrita por un técnico/a competente a adecuación da actuación ao Código técnico da edificación e demais normativa de aplicación. Non obstante, en ambos os casos deberá incluírse o libro do edificio existente para a rehabilitación ou, na súa falta, un estudo sobre o potencial de mellora do edificio en relación cos requisitos básicos definidos na Lei da ordenación da edificación e un plan de actuacións en que se identifique a actuación proposta. O contido destes documentos deberá axustarse ao establecido no anexo I e no punto 2 do artigo 50 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro. O proxecto incluirá un estudo de xestión de residuos de construción e demolición que se desenvolverá posteriormente no correspondente plan de xestión de residuos de construción e demolición, consonte o establecido no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición, onde se cumprirán as seguintes condicións: 1º. Polo menos, o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural