Sen categorizar

Sen categorizar

Programación Entroido 2025

– Sábado 22 de febreiroÁs 17:00 h Entroido infantil en Guimarei, no local social con merenda para todos. – Xoves 27 de febreiroÁs 20:00 h Presentación do libro VIVA!, sobre os Xenerais da Ulla, na Casa das Letras. – Sábado 1 de marzoÁs 17:00 h. baile de disfraces infantil, con xogos e merenda no mercado.Ás 17:30 h baile de disfraces para os maiores, na residencia. – Domingo 2 de marzoENTROIDO TRADICIONAL DE COUSO (todo o día).Encontro de Mini Xenerais no Souto de Vea ás 17.00 h.Atranques dos Xenerais de Couso ás 19.00 h no Campo da Festa. – Luns 3 de marzoÁs 17:00 h concurso de disfraces do concello da estrada presentado por Isi, na Praza da Feira e con desfile polas rúas da Estrada.23:30h BAILE DE DISFRACES DE GUIMAREI (Campo da Festa). – Martes 4 de marzoÁs 16:30 h ENTROIDO TRADICIONAL NA ESTRADA con desfile de comparsas parroquiais e dos XENERAIS DA ULLA, presentado por PABLO CHICHAS e bendicido polo PADRE XIAO (saída da Rúa Antón Losada e remate na Praza da Feira).Ás 18:30 h encontros e vivas dos Xenerais da Ulla de Couso na Praza da Feira. – Venres 7 de marzoSorteo Entroido a partir das 23:30 h na Praza do Concello con Will e Pablo Chichas. – Sábado 8 de marzo– ENTROIDO TRADICIONAL DE ARNOIS. Encontros dos Xenerais ás 18.00 h no Campo da Festa das Neves.– Ás 19:00 h Enterro do Salmón.– Dende ás 21:30h concurso de disfraces da hostelería. Calendario de Atranques dos Xenerais da Ulla nos distintos concellos.https://xeneraisdaulla.gal/calendario/

Sen categorizar

Etapa Ciclista O Gran Camiño 2025

O Alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, Comprácese en convidalo/a para achegarse a desfrutar da proba de ciclismo O Gran Camiño 2025, que se celebrará o xoves 27 de febreiro, e da que seremos anfitrións a partir das 15 horas. A proba de ciclismo O Gran Camiño 2025 consta de 5 etapas e a segunda etapa comezará en Marín e finalizará na nosa vila. A liña de meta estará na Rúa Calvo Sotelo. Os corredores pasarán varias veces pola liña de chegada. O primeiro paso será sobre as 15:15 horas, o segundo sobre as 16:05 horas e a finalización da etapa sobre as 16:55 horas, sempre segundo os horarios aproximados da organización. Descargar ruta. Descargar percorrido. Descargar restricións tráfico.

Sen categorizar

Convócase en Galicia o bono alugueiro á mocidade

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2025 pola que se procede á convocatoria do programa de Bono alugueiro mocidade para o ano 2025, con financiamento plurianual (código de procedemento VI482E). Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade 2025, con carácter plurianual, o programa Bono alugueiro mocidade para facilitar o desfrute dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias ou cesionarias (código de procedemento VI482E). Requisitos das persoas beneficiarias a) Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda. b) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso das persoas estranxeiras non comunitarias deberán acharse en situación de estadía ou residencia regular en España. c) Ser titular ou estar en condicións de subscribir na Comunidade Autónoma de Galicia, en calidade de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, ou, en calidade de persoa cesionaria, dun contrato de cesión de uso. No caso de alugamento de habitación non é exixible que a formalización sexa nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro. d) Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos. f) Que a vivenda ou habitación arrendada ou cedida constitúa, no momento da solicitude, a súa residencia habitual e permanente, no caso de que teña contrato. A dita circunstancia deberá ser acreditada mediante certificado ou volante de empadroamento, nos termos previstos nesta resolución. Concederaselles ás persoas beneficiarias unha axuda de 250 euros mensuais, co límite da renda mensual, do prezo da cesión ou, de convivir con outras persoas, do importe que lle corresponda satisfacer á persoa beneficiaria A axuda concederase ás persoas beneficiarias polo prazo de dous anos. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, o cal comezará a contarse unha vez transcorridos cinco días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. APERTURA PRAZO SOLICITUDE: XOVES 27 DE FEBREIRO As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que se incorpora nesta resolución como anexo I. Documentación complementaria a) Documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante, de ser o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados b) Contrato de alugamento de vivenda formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, ou, se é o caso, contrato de alugamento de habitación ou contrato de cesión de uso. c) Referencia catastral da vivenda, no caso de que non figure no contrato. d) Documento asinado pola persoa arrendadora en que conste o importe da renda ou prezo de cesión individualizado, no caso de que estean incluídos os gastos de comunidade e/ou anexos, como garaxes ou rochos, cuxo importe non estivese desagregado. e) Compromiso asinado pola persoa arrendadora e arrendataria/s da formalización dun contrato de alugamento ou cesión de uso, no caso de non dispoñer de contrato, en que consten os seguintes datos: – O importe da renda ou prezo da cesión individualizado, sen incluír os anexos da vivenda e gastos de comunidade. – O concello onde se localice a vivenda. – A referencia catastral da vivenda. – As persoas arrendatarias que subscribirán o dito contrato – A data de efectos económicos do contrato. f) Certificado ou volante de empadroamento colectivo, en que conste a data da solicitude, as persoas que teñen o seu domicilio habitual e permanente na vivenda obxecto de alugamento ou cesión ou en que se localice a habitación obxecto de alugamento ou cesión, no caso de que teña contrato. Para estes efectos, recoñeceranse os certificados expedidos nos tres meses anteriores á data de presentación da solicitude. No caso de que na vivenda resida unicamente a persoa solicitante, o certificado deberá facer constar expresamente esta circunstancia. g) Documentación xustificativa da fonte regular de ingresos da persoa solicitante. Para estes efectos, poderán achegarse: – Contrato de traballo por conta allea, de ser o caso – Contrato de persoal investigador en formación, de ser o caso. – Certificado acreditativo da percepción dunha prestación social pública de carácter periódico, contributiva ou asistencial, de ser o caso. – Calquera outra documentación que xustifique algunha das fontes regulares de ingresos nos termos das bases reguladoras e da convocatoria. Acceso á orde de convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250220/AnuncioC3Q2-070225-0001_gl.pdf ACCESO Á SOLICITUDE: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI482E&ano=2025&numpub=1&lang=gl No caso da Estrada, botarémosche unha man para a súa tramitación desde o departamento de EMPREGO E XUVENTUDE. Podes chamarnos ao teléfono 986 677 740 ou pasarte poloas nosas oficinas sen necesidade de cita previa en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Sen categorizar

Aberto o prazo para a presentación de candidaturas para O PREMIO HONORÍFICO AO LABOR DAS MULLERES DO CONCELLO DA ESTRADA 2025

Ábrese o prazo para a presentación de candidaturas para O PREMIO HONORÍFICO AO LABOR DAS MULLERES DO CONCELLO DA ESTRADA para este 2025.DESDE O 14 ATA O 24 DE FEBREIROPódense consultar as bases e utilizar o modelo de candidaturas publicados na web do Concello e no Tabolerio de anuncios da Sede electrónica do Concello da Estrada. Descargar modelo de candidaturas Animamos á cidadanía a que presenten as súas candidatas xa que se trata de un recoñecemento para as mulleres estradenses que teñan unha traxectoria merecedora de visibilizar e valorar.As candidaturas poderán presentaranse no Rexisrto do concello de forma presencial ou o pola Sede electrónica.

Sen categorizar

XORNADA “Adolescencia e novas adiccións”

  A loita contra as adiccións sen substancia constitúe un desafío na nosa sociedade, tanto a nivel educativo como sociosanitario. O vindeiro martes 18 de febreiro ás 18.30h no MOME, os profesores e doutores en Psicoloxía Antonio Rial Boubeta ( USC) e Manuel Isorna Folgar (UVigo), recoñecidos expertos a nivel internacional, poñerán sobre a mesa datos reveladores e refexionarán sobre algunhas claves para que tanto nais e pais, como educadores/as sexamos quen de enfrontar con garantías a problemática destas adiccións (xogo on line, videoxogos, redes sociais, etc)

Sen categorizar

Programa A Estrada Escena Primavera

FEBREIRO Venres 28 / 20.30h / 5,00€Celtas con filtro, Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada MARZO Sábado 1 / 20.30h / De baldeConcerto do Grupo Canto d´Aquí (Portugal) Venres 7 /20.30h / 5,00€Testosterona, Malasombra Producións Sábado 8 / 12.30h / 3,00€Crisálida, Caramuxo Teatro Venres 14 / 20.30h / 8,00h- 7,00 (flowteentradas.es/genomadelpavo)El genoma del pavo, Rafa Maza (Fabiolo) Sábado 15 / 20.30h / 10,00€ (ataquilla.com)Os do fondo da barra en concerto Xoves 20 / 20.30h / De baldeMarcos Teira Trío en concerto Sábado 22 / 20.30h / De baldeJohn Deeres en concerto Domingo 23 / 12.00h / De baldeConcerto de solistas da Banda Municipal da Estrada Venres 28 / 20.30h / 10.00h (entradium.com)Guadi Galego en concerto Sábado 29 / 17.30h e 19.30h / 10.00hFestival de acordeóns Música no Camiño ABRIL Sábado 5 / 20.00h / 3,00€Estrea musical Os seráns en Vilancosta, Escola Municipal de Artes Escénicas e Tequexetéldere Domingo 6 / 19.00h / 3,00€Musical Os seráns en Vilancosta, Escola Municipal de Artes Escénicas e Tequexetéldere Venres 11 / 20.30h / 10,00€ (ataquilla.com)Remoendo o pasado, Abraham Cupeiro Sábado 12 / 12.30h / 3,00€Vicki e a felicidade, Bandullo Azul Xoves 24 / 20.30h / De baldeShowcooking co chef Xoanqui Ameixeiras Venres 25 / 20.30h / 5,00€Sofá, Marta Alonso Sábado 26 / 20.00h / De baldeZarzuela española, Coro Liceo de Vilagarcía Mércores 30 / 20.30h / 10,00€ (Entrada física)No cruces los brazos, David Cepo MAIO Venres 9 / 20.30h / 5,00€A inimiga do pobo, Talía Teatro Sábado 10 / 12.30h / 3,00€Compaña, Xampatito Pato Domingo 18 / 19,00h / De baldeConcerto do Salmón, Coral Polifónica Estradense Venres 23 / 20.30h / 5,00€Made in Galicia, Sarabela Teatro

Sen categorizar

Xunta de Galicia convoca o bono emancípate

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE ORDE do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas económicas a través do Bono Emancípate, no ano 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CT501B). Esta orde ten por obxecto establecer os requisitos e o procedemento de concesión dunha axuda económica a través do Bono Emancípate destinada ás persoas mozas traballadoras que aluguen ou adquiran en propiedade unha vivenda, para contribuír a sufragar os gastos derivados da súa emancipación nunha vivenda distinta da dos/das seus/súas proxenitores/as, que non sexan os do prezo de adquisición ou da renda de alugamento, como son os derivados dunha mudanza, a adquisición de mobiliario e artigos de decoración en xeral, electrodomésticos, enxoval de cociña e baño, téxtil de fogar e gastos de xestoría ou notaría. A axuda farase efectiva a través dunha tarxeta virtual, a cal só poderá ser utilizada en establecementos de venda de mobiliario, de electrodomésticos, tendas de decoración e outros establecementos especializados, grandes superficies, empresas de mudanzas, xestorías e notarías, que teñan establecemento aberto no territorio da Comunidade Autó‑ noma de Galicia, para os gastos incluídos no artigo 7 desta orde. Esta tarxeta non poderá ser utilizada en compras a distancia. Poderán beneficiarse desta axuda as persoas físicas maiores de idade que reúnan todos e cada un dos requisitos seguintes: 1.1. Ter menos de 36 anos de idade no momento de solicitar a axuda. 1.2. Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso das persoas estranxeiras non comunitarias deberán acharse en situación de estancia ou residencia regular en España. 1.3. Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos na data da solicitude. Mediante esta orde subvenciónase, a través do Bono Emancípate, nos establecementos de venda de mobiliario, de electrodomésticos, tendas de decoración e outros establece‑ mentos especializados, grandes superficies, empresas de mudanzas, xestorías e notarías, que teñan establecemento aberto no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a adquisición dos seguintes bens e servizos: – Mobles de salón/comedor: sofá, mesa de comedor, cadeira/s, lámpada de pé ou de teito, mesa auxiliar, moble de TV, estante. – Mobles de cuarto: cabeceiro, estrutura de cama, somier, colchón, almofada, aparador, armario, lámpada de pé ou de teito, mesa auxiliar. – Mobles de cociña: mesa, cadeira/s, estante, lámpada de teito. – Mobles de baño: estante, moble de lavabo, cadeira, biombo ou cortina de ducha. – Electrodomésticos: forno convencional, forno microondas, lavadora, secadora, frigorí‑ fico, deshumidificador, radiador. – Artigos de decoración: cadros, porta retratos, testos, plantas, alfombras, espellos, floreiros. – Enxoval de cociña: potas, cazos, tixolas e similares, vaixela, cubertos e outros utensilios. – Enxoval de baño: xaboeira, porta cepillos e similares, espello de aumento. – Téxtil de fogar: sabas, edredóns, toallas, mantas. – Gastos de mudanza: os derivados do servizo de traslado de mobiliario e útiles desde unha vivenda anterior ata aquela alugada ou adquirida que dá dereito ao cobramento da axuda. – Gastos de xestoría e notaría: os honorarios que aplique a xestoría ou a notaría polas xestións derivadas dos contratos de arrendamento ou de compravenda que dan dereito ao cobramento desta axuda. A contía total da axuda é de 1.500 € para as persoas mozas que, reunindo os requisitos establecidos nestas bases, soliciten a axuda na súa condición de arrendatarias dunha vivenda diferente da dos/das seus/súas proxenitores/as, e de 3.000 € para as que teñan adquirido unha vivenda en propiedade, con posterioridade ao 31 de maio de 2024 e, en todo caso, antes da data de remate do prazo de solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 6 de febreiro de 2025 ata o día 30 de abril de 2025, ambos incluídos, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible, caso en que se observará o disposto no artigo 3.2 da convocatoria. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250128/AnuncioG0766-030125-0003_gl.pdf

Sen categorizar

Programa “Arteterapia” Para Persoas Con Discapacidade Intelectual

• REQUISITOS PARA PARTICIPAR◦ Ter unha discapacidade intelectual recoñecida igual ou superior ao 33%◦ Estar empadroado no termo Municipal da Estrada • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESDo 27 ao 31 de xaneiro (ambos incluídos) • LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDEDepartamento de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00 ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada. • COMEZO DA ACTIVIDADE E HORARIO◦ A actividade comezará o 17 de febreiro e rematará p 19 de decembro (agás o mes de agosto)◦ Realizarase 3 días á semana (luns, mércores e venres en horario de 16:00 a 19:00 horas).◦ A actividade é de carácter gratuíto • DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR Á SOLICITUDE◦ Fotocopia do DNI do participante◦ Fotocopia do certificado de discapacidade.◦ Descargar solicitude. As persoas participantes en anos anteriores que xa tivesen presentada a documentación, non terán que presentala novamente

Scroll ao inicio
Ir o contido