Sen categorizar

Sen categorizar

Xunta de Galicia convoca o programa de axudas dirixido a persoas traballadoras autónomas (parcialmente financiado pola Unión Europea)

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN ORDE do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D e TR341R). O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras polas cales se rexerán as subvencións ás persoas traballadoras autónomas a través dos seguintes programas, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025: Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D), destinado a apoiar as persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. b) Programa II: Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A), destinado a facilitar a volta á actividade económica da persoa traballadora autónoma que non tivo éxito no seu anterior intento. Programa III: Bono das persoas traballadoras autónomas (TR341Q), destinado a apoiar a consolidación de proxectos que superaron os 42 meses de vida, co obxecto de mellorar a súa competitividade. Programa IV: Bono Remuda das persoas traballadoras autónomas (TR353D), destinado a evitar o peche de negocios por falta de relevo xeracional. Programa V: Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas (TR341R), destinado a apoiar e promover a conciliación das persoas traballadoras autónomas. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o 24 de xaneiro de 2025 e rematará o 30 de setembro de 2025. 1. Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D). A finalidade deste programa é a concesión de 2 liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral. Ao abeiro deste Programa subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e os gastos de mantemento da actividade, que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 30 de setembro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, ambas inclusive. Establécense 2 liñas de axudas: a) Liña 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma, cun importe de 19.356.500 €. b) Liña 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, cun importe de 9.600.000 €. Persoas beneficiarias e requisitos 1. Serán beneficiarias aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 7 desta orde e que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, ambas inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións: 1.1. Para a liña 1: a) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua correspondente, carecendo de ocupación efectiva segundo o disposto artigo 5.1. b) Ser titular ou cotitular do negocio ou explotación e ter iniciada a actividade laboral con anterioridade á presentación da solicitude da subvención, e non ter ningunha alta inicial anterior como persoa traballadora autónoma nos cinco (5) anos inmediatamente anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG, salvo que dita alta houbera sido como persoa autónoma colaboradora. c) Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas. d) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037). e) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda. Para a liña 2: a) Ser persoa autónoma beneficiaria da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, de 11 de xullo no momento de presentación da solicitude. b) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua, carecendo de ocupación efectiva segundo o disposto no artigo 5.1. c) Ter iniciada a actividade, segundo a definición do artigo 5.3), con anterioridade á presentación da solicitude da subvención. d) Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas. e) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037). f) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda. g) No suposto de persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais, cooperativas de traballo asociado e administradores das mesmas, estas deberán ser de nova creación, isto é aquelas que inicien a actividade empresarial desde o 30 de setembro de 2024, segundo a data que figure no Imposto de actividades económicas ou, no seu caso, na data de alta no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria. As 2 liñas de axuda establecidas neste capítulo son compatibles entre si, e o seu obxecto é o de axudar ás persoas desempregadas ao inicio e ao mantemento do seu emprego como persoas traballadoras autónomas e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral. 2) Programa II. Bono nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A) A finalidade deste Programa é a concesión de axudas dirixidas ás persoas autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como autónomas e son demandantes de emprego no momento previo a nova

Sen categorizar

Festival de Cine Panic 2025

CARTELEIRA(entrada libre ata completar a capacidade das salas) Venres 17 de xaneiro ás 22.30h / Minicines Central Maratón de cine de terror YummyTerrifier 3Black fridayEl exorcista del Papa Venres 24 de xaneiro ás 22.30h / Minicines Central Heretic Venres 31 de xaneiro ás 22.30h / Minicines Central Strange darling SECCIÓN DIVULGATIVA(entrada con retirada previa de invitación no Dpto. Cultura do Concello da Estrada) Venres 17 de xaneiro ás 20.00h / Teatro Principal Charla co escritor MANEL LOUREIRO Venres 24 de xaneiro 20.00h / Teatro Principal Charla co director do Festival GFFF de Vigo JUAN DE CASTRO e visionado de curtas premiadas a nivel internacional Sábado 1 febreiro 19.00h / Teatro Principal Charla cos investigadores LUJÁN COMAS, MARÍA GARRIDO e ENRIQUE MONZÓ sobre a Morte e experiencias cercanas á morte.

Sen categorizar

Xunta de Galicia convoca as axudas para a corrección de impacto paisaxístico

INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio, e se establece a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT402A), tramitado como expediente anticipado de gasto. En concreto, poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións: a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada. b) Remate, renovación e/ou substitución do acabamento exterior de cubertas. c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos. En ningún caso se subvencionarán actuacións que non teñan carácter integral. Enténdese por actuación de carácter integral aquela intervención que garante a corrección do impacto paisaxístico que xustificou a concesión da subvención. Non serán, polo tanto, subvencionables aquelas actuacións de carácter parcial que non abrangan a totalidade dos paramentos degradados dun inmoble e/ou o arranxo ou substitución de todos os panos dunha cuberta en mal estado. Persoas beneficiarias e requisitos das solicitudes: 1. Poderán ser beneficiarias desta subvención as persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s das actuacións establecidas no ordinal segundo da presente resolución. 2. Só caberá presentar unha solicitude por persoa e ben. Cada solicitude poderá conter varias actuacións. 3. A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a súa plena dispoñibilidade, como mínimo, durante o período en que se manteñen as obrigas que asume o beneficiario da axuda previstas no ordinal 19. Todas as actuacións deberán contar, sempre e en todo caso, coa comunicación previa ou, de ser necesaria, a correspondente licenza municipal. O importe da subvención será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable (orzamento aceptado polo Instituto de Estudos do Territorio tendo en conta o valor de mercado), co límite máximo de 3.000 € por solicitante e ben. O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes e iniciarase en 7 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia APERTURA PRAZO SOLICITUDE: 20 DE XANEIRO A axuda tramitase obrigatoriamente por MEDIOS TELEMATICOS. Toda a INFORMACIÓN: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250109/AnuncioG0192-271124-0001_gl.pdf Se precisas axuda para a tramitación desde o departamento de emprego do Concello da Estrada botámosche unha man; podes chamarnos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas ou pasarte directamente polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa.

Sen categorizar

Aprobación inicial da modificación do regulamento de réxime interno da Escola Infantil Municipal

Aprobación inicial da modificación do regulamento de réxime interno da Escola Infantil Municipal O Pleno deste Concello, mediante acordo adoptado na sesión ordinaria celebrada o 7 de novembro de 2024, aprobou inicialmente a modificación do Regulamento de Réxime Interno da Escola Infantil Municipal. Descargar anuncio BOPPO Descargar certificado acordo pleno

Sen categorizar

Concelleria de Xuventude convoca unha nova edición dos campamentos dixitais

Concelleria de Xuventude convoca unha nova edición dos campamentos dixitais A Concellería de Xuventude do Concello da Estrada en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, por en marcha unha nova edición dos CAMPAMENTOS DIXITAIS para o vindeiro semestre académico. Campamento Dixital é un programa de actividades extraescolares, en competencias dixitais, gratuítas para nenos, nenas e adolescentes de 9 a 17 anos. Son sesións de 30 horas de formación gratuíta máis actividades complementarias en liña guiadas, polas tardes. A pasada edición foi un éxito, e máis de 15 rapaces se beneficiaron destas actividades extraescolares. Nesta nova edición abrimos novamente cos dous grupos de participantes: Curso: Campamento Dixital – L2 con Concello da Estrada Liña de acción: L2 (14-17 anos)Programación: Luns e Xoves do 27 de xaneiro ao 20 de marzo (17:00-19:00). 30h presenciais – 03/03 Non lectivoModalidade: Presencial Curso: Campamento Dixital – L1.1 + L1.2 con Concello da Estrada Liña de acción: L1.1 (9-13 anos)Programación: Mércores e Venres do 29 de xaneiro ao 21 de marzo (17:00-19:00). 30h presenciais – 05/03 Non lectivoModalidade: Presencial Dirección: Avenida Benito Vigo, 94 1º (Aula Cemit) – 36680 A Estrada (Pontevedra)O Concello da Estrada busca con estas actividades facilitar a conciliación das familias estradenses á vez que se forme a nosa rapazada en competencias dixitais, algo básico actualmente. As clases darán comezo a partires do do 27 de xaneiro e chegarán ata o mes de abril. As persoas interesadas en inscribirse deben poñerse en contacto co departamento de xuventude do Concello da Estrada, deben enviar un correo electrónico ao enderezo: aedl@aestrada.gal indicando o nome e apelidos e data de nacemento do menor; os datos persoais do/a titor/a legal do mesmo e un teléfono de contacto.

Sen categorizar

Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025

Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025 PRAZO DE INSCRICIÓNDende o 16/12/2024 ata o 23/12/2024 (Ambos incluídos) REQUISITOS PARA PARTICIPAREstar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anosO critrerio de selección de participantes establecerase por número de rexistro de entrada LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDEDepartamento de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00 ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada DATAS DA ACTIVIDADEDende o 13/01/2025 ata 31/03/2025 (ambos incluídos) HORARIOS / GRUPOSLuns de 09:15h a 10:00hLuns de 16:30h a 17:15hLuns de 19:30h a 20:15hMércores de 09:15h a 10:00hVenres de 09:00h a 09:45hVenres de 09:45h a 10:30h Nº DE ALUMNOS POR SESIÓNMínimo 7 alumnos/sesión e máximo 12 alumnos/sesión DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR Á SOLICITUDECERTIFICADO DE DISCAPACIDADE (se fose o caso) Descargar solicitude.

Sen categorizar

XIV Milla San Silvestre Estradense e IV San Silveira

XIV Milla San Silvestre Estradense e IV San Silveira A Estrada Deporte, organiza como todos os anos unha dobre opción para despedir o 2024 facendo actividade física.As duas probas son de carácter lúdico non competitivo e solidario, con recollida de alimentos non perecedeiros para Cáritas Parroquial A Estrada a cambio do dorsal. IV SAN SILVEIRA A partir das 9:00h, retirada de dorsais na Praza do Concello. Descargar información completa XIV MILLA SAN SILVESTRE ESTRADENSE A partir das 16:00h, retirada de dorsais na Praza do Concello Descargar percorridos Descargar información completa Inscricións de balde en ambas probas: Dende o xoves dia 5 de Decembro ata o venres día 27 de Decembro de 2024 a través daweb: https://emesports.es/eventosFacendo constar: Nome – Apelidos – Data nacemento.

Sen categorizar

Programación Nadal 2024-2025

Programación Nadal 2024-2025 Proposta de programación nadal 2024/25 5 de decembro– Acendido da iluminación de Nadal Praza do Concello ás 19,45h 8 de decembro– Inauguración do Belén da Igrexa parroquial de San Paio ás 18,00h 20 de decembro– Os Bregadiers na rúa Calvo Sotelo, Serafín Pazo e Prazoleta ás 18,30h– Concerto de nadal do omm Carlos Barruso no Teatro Principal ás 21,00h 21 de decembro– Mercado de Nadal de productos estradenses no Novo Mercado– Festival de nadal Escola Banda Mpal no Teatro Principal ás 12,00h– Contos arredor da terra, diante da Sala Abanca ás 18,30h h– Concerto de nadal Coral Polifónica Estradense no Teatro Principal ás 20,30h 22 de decembro– Concerto de Panxoliñas a cargo de Musikenos no Teatro Principal ás 12:00h– Bandullo Azul, Filipa no Nadal, na rúa Calvo Sotelo (Galerías San Antón) ás 18:30 h 23 de decembro– Pasarrúas Elfos polas rúas do centro da vila ás 18,30h– Maxia con David Maestro na Porta do Sol ás 18,30h– Gala entrega Premios do Deporte no Teatro Principal ás 20,00h 24 de decembro– Mercado de Nadal de productos estradenses no Novo Mercado– San Silvestre Acuática na piscina climatizada ás 12,00h– CABALGATA DE PAPÁ NOEL ás 18,00h 26 de decembro– Os Bolechas, Cantares de nadal no Teatro Principal ás 12,00h– Bandullo Azul, Historias dun mundo grande, na Sala Abanca ás 18,30h 27 de decembro– Presentación da Miscelánea no mome ás 19,00h– Fin de ano coas Lerchas e o Padre Xiao no Teatro Principal ás 20,30h– Aparato de bolas ACOE 28 de decembro– Rondalla do Centro Cultural a Merced de Chaín ás 13,00h– Concerto de Moa Trío na Zona dos Viños ás 13,30h– Brassica Rapa na rúa Calvo Sotelo ás 18,30h– Carme Sempre Túa no Teatro Principal ás 19,00h 29 de decembro– Paco Nogueiras, Brinca Vai, diante da Sala Abanca ás 18,30h– Concerto de Coros Parroquiais na Igrexa ás 17,00h– BG de Pontevedra, “entradiñas de aninovo” no Teatro Principal ás 19,30 h 30 de decembro– Rudolf, el musical no Teatro Principal ás 17,30h e 19,30 h– Maxia con David Maestro na Praza do Mercado ás 18,30 h 31 de decembro– San Silveira BTT. Saída dende a Praza do Concello ás 09:30h– Carreira de San Silvestre. Ás 17:00 h no Concello 2 de xaneiro– A vendedora de fume na Sala Abanca, ás 18,30 h 3 de xaneiro– Os Fabulosos Cleaners (Malasombra T.) no Teatro Principal ás 12:30 h– CatroPés (Animacreques) na rúa Principal, ás 18:30h 4 de xaneiro– Galega de Bailables Pasarrúas polas rúas do centro da vila ás 13,00h– 7 Bubble, Menina na rúa Principal, ás 18:30h 5 de xaneiro– CABALGATA DE REIS ás 18:00h– Festa de Reis da Hostelería horario pendente de confirmación

Scroll ao inicio
Ir o contido