Campo de voluntariado en Couso

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, acompañou ao conselleiro de Cultura, José López Campos, e á directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, na visita a campo de voluntariado “Memoria Viva”, financiado pola Xunta, coa colaboración do Concello e o impulso da asociación A Xesteira.

O campo conta cunha vintena de participantes, chegados de distintos puntos de España, que estarán aloxados no CEIP Villar Paramá de Vea e seguirán o programa de actividades coordinado por Anacos Educativos.

Estes voluntarios Farán un importante labor de mellora e coidado dos espazos naturais de Couso, pero tamén participarán nun proxecto ilusionante e necesario: recuperar a memoria das mulleres da parroquia, recollendo as súas historias, as súas fotografías e as súas vivencias para que nunca caian no esquecemento.

Ao mesmo tempo, integraranse na vida cultural da parroquia colaborando no festival As Nosas Músicas.

Scroll ao inicio
Ir o contido