Cultura
Cabada Vázquez, Xosé Manuel
E autor de A pecadenta silenzosa, Ollo cos estudantes, Jovellanos en la pedagogia española, Rosiña de Tabeiros, …. Adoitaba firmar cos pseudonimos de ” Manuel de Vicenta ” e ” Rogueiber “.
Manuel Cabada Castro, Paixón poética e militancia galeguista, Estudio biográfico sobre Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936) (O Castro, Sada, Edicios do Castro, 2001).
Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936) é un importante poeta e político galeguista do que ata agora non existe ningunha detallada biografía. Este volume pretende encher dalgunha maneira este baleiro, vencellando ó tempo a súa actividade as circunstancias sociais, políticas e ideolóxicas dunha época moi decisiva na historia do país galego.
Relacionado con persoeiros importantes do seu tempo como Otero Pedrayo ou Amor Ruibal, do que foi secretario particular, soubo uni-la sensibilidade da poesía co pulo e a fortaleza da polítíca. O centro e a preocupación fundamental da súa vida foi, sen dubida, Galicia. Vencellado con anterioridade ás “Irmandades da Fala”, pertence en 1931 ó comité provisional da “Agrupación Nazonalista” de Santiago, participando a finais deste mesmo ano na fundación do Partido Galeguista.
Desprazado da súa terra desde 1933, morrerá prematuramente ós 34 anos de idade, pouco antes do comezo guerra civil do 1936. Co gallo de se cumprir neste ano 2001 o primeiro centenario do seu nacemento, o lector ten agora a posibilidade de achegarse máis doadamente á súa vida e á súa obra.
Nas páxinas 255 a 258 desta obra figura unha ampla bibliografia sobre Xosé Manuel Cabada Vázquez
DATAS DUNHA VIDA
1901
6 de decembro Nace no lugar de Barro , parroquia de Codeseda ( A Estrada ).1918
Comeza en outono os estudios no Seminario de Santiago.1923
Asiste á V Asemblea das “Irmandades da Fala” na Coruña. Primeiros poemas en galego. Rematado o curso 1922-23 deixa o Seminario. En setembro, primeiro poema en castelán. En outubro primeiros escritos en prosa galega e, despois, castelá.1924
Morre en decembro a súa curmá Dora (Dorinda).1925
De xaneiro a xuño cumpre o servicio militar en Pontevedra. En decembro morre a súa irmá Emilia.1927
En outono regresa ó Seminario-Universidade Pontificia de Santiago. Socio do “Seminario de Estudios Galegos”.1929
En outono é nomeado profesor auxiliar da Universidade Pontificia de Santiago.1930
En abril asiste á VI Asemblea das “lrmandades da Fala” En xuño recibe a orde do diaconado. En xullo acada o título de mestre nacional.1931
En xaneiro (ou primeiros de febreiro) aparece Vagalumes. En abril é nomeado vocal do comité provisional da “Agrupacicón Nazonalista” de Santiago. En xuño acada o título de licenciado en Filosofía e Letras (Sección Historia). Ó 25 de xullo recita publicamente en Santiago o seu poema “No Día de Galicia”. En setembro recibe a dispensa da orde do diaconado. En outono comeza a súa docencia no Colexio dos Xesuítas de Vigo e asina a “Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas”. En decembro participa na asemblea fundacional do Partido Galeguista (I Asemblea) en Pontevedra.1932
En febreiro profesor na “Academia Labor”, continuación do incautado colexio vigués dos xesuítas. En outono profesor no novo Colexio Labor de Vigo. En decembro é nomeado Secretario de Actas do “Grupo Galeguista” de Vigo e, pouco despois, Secretario de Actas tamén da II Asemblea do Partido Galeguista en Santiago.1933
No verán asiste en Barcelona ós “Cursillos” para profesores En outono é nomeado profesor e director do Instituto Elemental de Medina de Rioseco (Valladolid).1934
En outono é nomeado profesor do Instituto de Linares (Jaén) e, en decembro, director do mesmo.1936
Morre en Linares o 2 de abril.1962
En outubro traslado das súas cinzas á súa parroquia natal de Codeseda.1969
Reedición facsímil de Vagalumes.2002
O Concello da Estrada declara ó 2001 como Ano Cultural Cabada Vázquez.Titulo: ¡Amor Ruibal no ha muerto!
Editorial: Faro de Vigo
Titulo: (J. Lamenu), Moxenas (I)
Editorial: El Emigrado
Titulo: (J. Lamenu), Moxenas (II)
Editorial: El Emigrado
Titulo: (J. Lamenu), Moxenas (III)
Editorial: El Emigrado
Titulo: Chamamento
Editorial: El Emigrado
Titulo: Ha muerto el sabio. Galicia debe consagrarle un grandioso homenaje
Editorial: Faro de Vigo
Titulo: La Fiesta Escolar de Tabeiros
Editorial: El Emigrado
Descripción: O volumen conten toda a obra escrita (en galego e castelan) do poeta e politico de Codeseda, tanto en verso como en prosa, incluidos naturalmente os poemas recollidos polo poeta no seu libro de versos Vagalumes de 1931, qué e so unha escolma dos poemas en galego publicados por Cabada Vázquez con anterioridade a esta data.
En conxunto os poemas contidos nesta edición, anteriores ou posteriores a , son case outros tantos como os contidos neste poemario.
O lector atopará cumprida información nas notas sobre as diversas publicacións nas que o correspondente escrito foi publicado, asi como sobre as posibles variantes nunha ou outra publicación.
X poden dispoñer así dun válido instrumento e dunha puntual axuda para un coñecemento máis exacto da nosa recente e concreta historía.
Título: O San Mauro de Codeseda, ¿Non te lembras?, Nosa señora da Grela.
Autor: Cabada Vázquez, Xosé Manuelo Conciliar Central
Título: Por tierras de Curantes
Editorial: El Pueblo Gallego
Título: Vagalumes. Versos Galegos.
Editorial: Imprenta, Libreria e Enc. do Seminario Conciliar Central.
Descripción: Ver na Biblioteca Virtual Galega – formato imaxe