Concello da Estrada

Cultura

Cabada Castro, Manuel

Biografía

 

Naceu en Sabucedo (   A Estrada) no ano 1.935.  Aos Dez anos vai estudar para o colexio dos Xesuitas de Camposantos (    A Garda). Pasará aquí  dous anos  e continuou cos estudos de bacharelato no tamén colexio dos Xesuitas de Carrión de los Condes

(    Palencia)  no que cursou cinco anos máis. A continuación ingresou  na Orde da Compañía de Xesus, no ano 1.952, onde botou catro anos. Entre o 1.956 e o 59 iniciouse nos estudos de licenciatura eclesiástica en Filosofía  pola Universidade Pontificia de Comillas (   Santander). Despois   pasará un ano  facendo de “   maestrillo”  no Seminario Menor Desta localidade. O seu destino seguinte foi en Innsbruck   (Austria), onde se adicou  á teología durante catro anos. Será aquí   onde recibirá a orde do presbiterado no ano 1.963. Acadada no ano seguinte a licenciatura de teoloxía, tras unha estadía dun ano de formación xesuística en Salamanca, voltou a centroeuropa, a Munich. Co título de doutor en Filosofía pola Universidade muniquesa, despois de catro anos  de estadía alí, voltará á peninsula no ano 1.969,  para Madrid, onde  comezará a súa docencia na Facultade de Filosofía ( agora Ciencias Humanas e Sociais)  da Universidade Pontificia Comillas de Madrid. Dende  o curso 78 – 79 simultanea esta docencia coas clases na Facultade de Filosofía da Universidade Complutense, onde é profesor titular dende o ano 1.986, acadando  tamén o doutorado en Filosofía por esta Universidade Complutense.

Ao longo da súa vida recibiu numerosas distincións e asimismo é membro   de numerosas asociacións: así temos que é membro da “    Enxebre Orde da Vieira”

(    Madrid, 1.975); membro da Asociación “    Amigos Da Terra  de Montes”

( Cerdedo); membro da Asociación de “ Fillos e Amigos da Estrada”; ten a insignia do  “ Salmón de Ouro” ( A Estrada,1.992) , Premio “ San Martiño” para a Normalización Lingüística e Cultural ( A Estrada, 1.995); “ Enseña de Ouro” e “ Diploma de Honra” concedidos pola “ Asociación Amigos de Terra de Montes” ( 2.001)…

Canto á súa obra, ten publicados tres ensaios: A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO. HISTORIA E ANTROPOLOXÍA DUNHA TRADICIÓN ( Ed. Ir Indo, 1.992); XOSÉ MANUEL CABADA VÁZQUEZ OBRA COMPLETA. POEMAS E OUTROS ESCRITOS (

(    Fundación Cultural da Estrada, 2.001) e PAIXÓN POÉTICA E MILITANCIA GALEGUISTA. ESTUDIO BIOGRÁFICO SOBRE XOSÉ MANUEL CABADA VÁZQUEZ (   Ed. Do Castro, 2.001). Tamén ten colaborado con todo tipo de temáticas en Revistas e sornáis, destacando as súas colaboracións nas Revistas “    Encrucillada”, “    Grial”, “    Revista Galega do Ensino”, “ Cotaredo”… E en sornáis coma “   Tabeirós Terra”    , “    Faro de Vigo”…  Asimismo colaborou na “   A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural” (   Fundación Cultural da Estrada) e tamén na homenaxe ao estradense Manuel Reimóndez Portela MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA. NA LEMBRANZA (   Ed. Do Castro    , 1.996) coa colaboración “    Manuel Reimóndez Portela, na Lembranza”.

Obras

El Dios que da que pensar. Acceso filosófico-antropológico a la divinidad.

eldiosdaquepensar Autor: Cabada Castro, Manuel Xénero: Ensaio Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica

El humanismo premarxista de Ludwig Feuerbach

Autor: Cabada Castro, Manuel Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica  

Feuerbach y Kant. Dos actitudes antropológicas

Autor: Cabada Castro, Manuel Xénero: Ensaio Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica  

La vigencia del amor. Afectividad, hominización y religiosidad

Autor: Cabada Castro, Manuel Xénero: Ensaio Tamaño: x cms Encuadernación: Rústica

Paixón poética e militancia galeguista : Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936)

paixonpoetica Autor: Cabada Castro, Manuel Xénero: Ensaio Editorial: Ediciós do Castro Colección: Documentos Páxinas: 268 Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica Descripción: Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936) é un importante poeta e político galeguista do que ata agora non existe ningunha detallada biografía. Este volume pretende encher dalgunha maneira este baleiro, vencellando ó tempo a súa actividade as circunstancias sociais, políticas e ideolóxicas dunha época moi decisiva na historia do país galego. Relacionado con persoeiros importantes do seu tempo como Otero Pedrayo ou Amor Ruibal, do que foi secretario particular, soubo uni-la sensibilidade da poesía co pulo e a fortaleza da polítíca. O centro e a preocupación fundamental da súa vida foi, sen dubida, Galicia. Vencellado con anterioridade ás “Irmandades da Fala”, pertence en 1931 ó comité provisional da “Agrupación Nazonalista” de Santiago, participando a finais deste mesmo ano na fundación do Partido Galeguista. Desprazado da súa terra desde 1933, morrerá prematuramente ós 34 anos de idade, pouco antes do comezo guerra civil do 1936. Co gallo de se cumprir neste ano 2001 o primeiro centenario do seu nacemento, o lector ten agora a posibilidade de achegarse máis doadamente á súa vida e á súa obra.

Querer o no querer vivir El debate entre Schopenhauer, Feuerbach, Wagner y Nietzsche sobre el sentido de la existencia humana

Autor: Cabada Castro, Manuel Xénero: Ensaio Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica  

Sein und gott bei Gustav Siewert

Autor: Cabada Castro, Manuel Xénero: Ensaio Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica  

Ser querido y querer

Autor: Cabada Castro, Manuel Editorial: San Esteban Descripción: Estudo en homenaxe a Manuel Cabada Castro co motivo da súa xubilación. Un percorrido polo seu pensamento desenvolvido durante décadas, onde a filosofía e a teoloxía se funden tan sabiamente.

Xosé Manuel Cabada Vázquez Obra completa. Poemas e outros escritos.

xosemanuelcabadavazquez Autor: Cabada Castro, Manuel Xénero: Obra completa Editorial: Fundacion Cultural da Estrada Páxinas: 352 Tamaño: 13,9 x 21,0 cms. Encuadernación: Rústica ISBN: 84-607-1902-2 Descripción: O volumen conten toda a obra escrita (en galego e castelan) do poeta e politico de Codeseda, tanto en verso como en prosa, incluidos naturalmente os poemas recollidos polo poeta no seu libro de versos Vagalumes de 1931, qué e so unha escolma dos poemas en galego publicados por Cabada Vázquez con anterioridade a esta data. En conxunto os poemas contidos nesta edición, anteriores ou posteriores a Vagalumes, son case outros tantos como os contidos neste poemario. Os escritos en prosa son colaboracións en revistas, xornais, etc., ademais do epistolario que se conserva. O lector atopará cumprida información nas notas sobre as diversas publicacións nas que o correspondente escrito foi publicado, asi como sobre as posibles variantes nunha ou outra publicación. Os estudiosos non só da literatura galega senón tamen da cultura e política galega das primerias décadas do século XX poden dispoñer así dun válido instrumento e dunha puntual axuda para un coñecemento máis exacto da nosa recente e concreta historía.

Scroll ao inicio
Skip to content