Cultura
Cabada Castro, Manuel
Biografía
Naceu en Sabucedo ( A Estrada) no ano 1.935. Aos Dez anos vai estudar para o colexio dos Xesuitas de Camposantos ( A Garda). Pasará aquí dous anos e continuou cos estudos de bacharelato no tamén colexio dos Xesuitas de Carrión de los Condes
( Palencia) no que cursou cinco anos máis. A continuación ingresou na Orde da Compañía de Xesus, no ano 1.952, onde botou catro anos. Entre o 1.956 e o 59 iniciouse nos estudos de licenciatura eclesiástica en Filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas ( Santander). Despois pasará un ano facendo de “ maestrillo” no Seminario Menor Desta localidade. O seu destino seguinte foi en Innsbruck (Austria), onde se adicou á teología durante catro anos. Será aquí onde recibirá a orde do presbiterado no ano 1.963. Acadada no ano seguinte a licenciatura de teoloxía, tras unha estadía dun ano de formación xesuística en Salamanca, voltou a centroeuropa, a Munich. Co título de doutor en Filosofía pola Universidade muniquesa, despois de catro anos de estadía alí, voltará á peninsula no ano 1.969, para Madrid, onde comezará a súa docencia na Facultade de Filosofía ( agora Ciencias Humanas e Sociais) da Universidade Pontificia Comillas de Madrid. Dende o curso 78 – 79 simultanea esta docencia coas clases na Facultade de Filosofía da Universidade Complutense, onde é profesor titular dende o ano 1.986, acadando tamén o doutorado en Filosofía por esta Universidade Complutense.
Ao longo da súa vida recibiu numerosas distincións e asimismo é membro de numerosas asociacións: así temos que é membro da “ Enxebre Orde da Vieira”
( Madrid, 1.975); membro da Asociación “ Amigos Da Terra de Montes”
( Cerdedo); membro da Asociación de “ Fillos e Amigos da Estrada”; ten a insignia do “ Salmón de Ouro” ( A Estrada,1.992) , Premio “ San Martiño” para a Normalización Lingüística e Cultural ( A Estrada, 1.995); “ Enseña de Ouro” e “ Diploma de Honra” concedidos pola “ Asociación Amigos de Terra de Montes” ( 2.001)…
Canto á súa obra, ten publicados tres ensaios: A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO. HISTORIA E ANTROPOLOXÍA DUNHA TRADICIÓN ( Ed. Ir Indo, 1.992); XOSÉ MANUEL CABADA VÁZQUEZ OBRA COMPLETA. POEMAS E OUTROS ESCRITOS (
( Fundación Cultural da Estrada, 2.001) e PAIXÓN POÉTICA E MILITANCIA GALEGUISTA. ESTUDIO BIOGRÁFICO SOBRE XOSÉ MANUEL CABADA VÁZQUEZ ( Ed. Do Castro, 2.001). Tamén ten colaborado con todo tipo de temáticas en Revistas e sornáis, destacando as súas colaboracións nas Revistas “ Encrucillada”, “ Grial”, “ Revista Galega do Ensino”, “ Cotaredo”… E en sornáis coma “ Tabeirós Terra” , “ Faro de Vigo”… Asimismo colaborou na “ A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural” ( Fundación Cultural da Estrada) e tamén na homenaxe ao estradense Manuel Reimóndez Portela MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA. NA LEMBRANZA ( Ed. Do Castro , 1.996) coa colaboración “ Manuel Reimóndez Portela, na Lembranza”.