+Benestar 2025
ORGANIZA: Deputación Provincial de Pontevedra en Colaboración co Concello da Estrada.
O programa consiste nunha estancia con pernocta, de domingo a venres en réxime de pensión completa de seis días e cinco noites (entrada os domingos pola tarde e saída os venres despois de xantar) nun hotel con balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural. .
BENEFICIARIOS:
É requisito indispensable
• Persoas de 55 ou mais anos
• Estar empadroadas no Concello da Estrada,
• Non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.
• Non padecer alteracións do comportamento, que poidan perturbar a convivencia
• Ser unha persoa autónoma para realizar actividades da vida diaria
• En caso de persoa con discapacidade, non ter recoñecida a necesidade de asistencia dunha terceira persoa
– Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%. aínda que non cumpran o requisito da idade.
– Persoas coidadoras que precisen un respiro familiar.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
O prazo de presentación da solicitudes permanecerá aberto dende
19 de maio al 6 de xuño de 2025
As solicitudes presentaranse por sede electrónica para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
•NIF das persoas solicitantes
•Certificado de residencia das persoas solicitantes
•Certificado da renda do último exercicio das persoas solicitantes
•Consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas para acreditar a condición de persoa pensionista
– Certificado de recoñecemento do grao de discapacidade
No caso de solicitantes que deban xustificar que precisan dun respiro familiar, deberán presentar o informe do traballador/a social, nun prazo de 10 días contados a partir da finalización do prazo de presentación das solicitudes.
Para mais información dirixíase o Departamento de Servizos Sociais, na planta baixa do Concello de 9:00 a 14:00 ou chamando ao telefono 986573265.