Imagen Cabecera Común

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Convocatoria das probas de certificación en competencias dixitais (ComDix) – Nivel intermedio

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) anunciou a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do Certificado Galego de Competencias Dixitais (ComDix) no seu nivel intermedio.

O obxectivo destas probas é fomentar un contexto dixital no que a cidadanía poida adquirir, actualizar e mellorar as súas competencias dixitais, en liña cos cambios tecnolóxicos e o seu uso diario na sociedade.

O Decreto 123/2021, do 2 de setembro, regulou o Marco Galego de Competencias Dixitais e a certificación en competencias dixitais, seguindo o Marco Europeo DigComp 2.2, co fin de promover unha cidadanía dixitalmente responsable. A obtención do certificado pode realizarse mediante a realización dunha proba de certificación específica, que permite demostrar os coñecementos, habilidades e actitudes propias destas competencias.

Para apoiar ás persoas interesadas, a Amtega pon a disposición contidos en liña de uso voluntario, que serven de referencia antes de presentarse á proba. Ademais, a Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) colabora na formación e avaliación necesarias para obter a certificación.

De acordo coa resolución do 26 de setembro de 2025, convócanse oficialmente as probas ComDix-Intermedio, segundo as bases do anexo I e o calendario do anexo II.

Datas e horarios para a celebración das probas en A Estrada (Pontevedra):

  • Mércores, 26 de novembro – 10:00 h – 10 prazas
  • Xoves, 27 de novembro – 10:00 h – 10 prazas
  • Mércores, 3 de decembro – 10:00 h – 10 prazas
  • Xoves, 4 de decembro – 10:00 h – 10 prazas

📄 Podes consultar a documentación premendo no seguinte enlace: Consultar

Scroll ao inicio
Ir o contido