Imagen Cabecera Común

Axencia Instituto Enerxético de Galicia convoca axudas para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial e abre para de adhesión para as entidades colaboradoras envargadas de tramitar os expedientes

OBXECTO DAS BASES

O obxecto destas bases é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, e outras instalación de enerxías renovables que utilicen como fonte de enerxía a xeotermia, a hidrotermia, a aerotermia ou a enerxía solar térmica.

Equipamentos incluídos:

  • Caldeiras de biomasa.

  • Caldeiras que utilicen leña.

  • Caldeiras de pellets.

  • Bombas de calor.

  • Paneis solares.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e as sociedades patrimoniais de tenza de valores inmobiliarios ou de arrendamento de inmobles, titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial, ou as comunidades e as mancomunidades de veciños.

As actuacións subvencionables deben realizarse en vivendas ou en edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia e localizadas no ámbito rural, entendéndose como tal o ámbito de aplicación do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

CONTÍA DA AXUDA

A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación.


FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Procedemento de tramitación: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

  1. Entidades colaboradoras: As solicitudes de adhesión presentaraas a entidade interesada segundo o anexo II.

  2. Solicitudes de axudas: Serán presentadas polas entidades colaboradoras segundo o anexo IV.

Prazos a ter en conta:

  • Adhesión de entidades colaboradoras: Desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG ata o 23 de febreiro de 2026.

  • Solicitude de axudas para particulares: Desde o 9 de febreiro de 2026 ás 9.00 horas ata o 13 de marzo de 2026.


INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE

Esta axuda trámitase a través das ENTIDADES DE COLABORACIÓN ADHERIDAS Á XUNTA (das empresas de instalación e comercios que sexan colaboradoras).

Referencia oficial: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260120/AnuncioG0474-161225-0005_gl.pdf

Scroll ao inicio
Ir o contido