Imagen Cabecera Común

Aviso de prealerta no consumo de auga

Augas de Galicia acaba de activar o escenario de prealerta ou escaseza moderada de auga na nosa zona debido á vaga de calor e ao baixo nivel dos embalses. Ante esta situación, dende o Servizo de Emerxencias da Estrada, recoméndanse adoptar unha serie de medidas co fin de non malgastar este ben tan preciado durante estos momentos de escaseza
* Non malgastar a auga utilizándoa exclusivamente para usos necesarios
* Non usar a auga para o rego de hortas, viñedos, frutais, xardíns, fincas ou similares
* Non encher piscinas
* Non usar auga para o lavado de vehículos
* Utilizar a ducha en lugar de bañarse, facéndoo en duchas curtas
* Pechar a billa mentras non usamos a auga para evitar o seu derroche
* Instalar dispositivos de aforro de auga en billas e duchas
* Manter a nosa instalación de auga en bo estado, revisando posibles fugas e reaparalas se existen
* Utilizar lavalouzas e lavadoras só canto estean cheas
A auga é un ben preciado e común, polo que depende de todos facer un bó uso da mesma e reducir ao máximo o seu uso en épocas de escaseza coma a que estamos vivindo actualmente.

Scroll ao inicio
Ir o contido