Unidade Móbil 6 de Inspección Técnica de Turismos
Unidade Móbil 6 de Inspección Técnica de Turismos Desprazase ao Concello da Estrada, nas seguintes datas e localización: Descargar pdf.
Unidade Móbil 6 de Inspección Técnica de Turismos Desprazase ao Concello da Estrada, nas seguintes datas e localización: Descargar pdf.
Unidade Móbil – Doazón Sangue O venres 25 de outubro das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 26 de outubro das 10:00 ás 15:00 horas na Praza do Concello. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental. No seguinte código QR encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar:
Curso de capacitación dixital CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL DE NIVEL INTERMEDIODIAS: LUNS, MÉRCORES E XOVESHORARIO: 16:30H A 20:15HHORAS DO CURSO: 30 HORAS(ESTABLECIDO POLO I.E.S. ANTÓN LOSADA DIEGUEZ) PARA ANOTARSE DEBERÁN ACUDIR AO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE A ESTRADA DE MANEIRA PRESENCIAL Descargar ficha inscrición.
Joan Estrader comanda o novo proxecto da EMAE Este xoves día 3 anunciouse en rolda de prensa o proxecto pedagóxico que, da man do director catalán Joan Estrader, a EMAE vén traballando dende días atrás. Un proxecto interpretado por Fran Campos, Ademar Silvoso, Fina Raposo e Arturo Cobas “Nono” centrado no xénero do clown e do humor absurdo e que ten a Galicia coma eixo temático. Hoxe xoves, ás 20.30h, o elenco confrontará co público un primeiro pase do espectáculo que será estreado definitivamente a primeiros do 2025.
“6 coreógrafas” SECCIÓN ESPECTÁCULOS Este vindeiro sábado día 5 de outubro terá lugar a cuarta edición do festival de danza e artes do movemento 6 Coreógrafas coa seguinte programación. 18.30h Intempestiva (CÍA ELAHOOD)18.50h Mesura (Raquel Ferradás)19.10h Minguantes (La Guajira)19.45h Dance Join (Marta Alonso) Os espectáculos están previstos na Alameda municipal. No caso de choiva, os tres primeiros desenvolveranse na aula de danza do Novo Mercado e o último no Teatro Principal. SECCIÓN OBRADOIROS 10.00h-11.00h / 7-12 anos: Obradoiro de waacking Danza Club a cargo de Elahood (Alameda municipal ou sala Mome no caso de choiva) 11.00h-12.00h / 12-18 anos: Obradoiro de waacking Danza Club a cargo de Elahood (Alameda municipal ou sala Mome no caso de choiva) 13.00h-14.00h / a partir de 18 anos: Obradoiro Discoteca de señoras sesión vermú impartido por Marta Tejada (Praza Novo Mercado ou aula do Novo Mercado en caso de choiva)
Meloncolía MELONCOLÍAJoan EstraderDATA: 04-10-2024 (21.00h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: ComediaDURACIÓN: 50 minPÚBLICO: +12 anosENTRADA: 5,00€ (capacidade da sala reducida) SINOPSE: É este un espectáculo surrealista cargado de xogos de palabras que agochan una profunda e entrañable melancolía. O humor de Joan Estrader non coñece de modas nin de tópicos. É un agasallo cheo de talento que sitúa ao espectador entre o sorriso e a certeza de que detrás da súa aparente inxenuidade, reloce una grandeza e unha tenrura que nos reconcilia coa nosa propia humanidade. Falamos de teatro do bo. Do que deixa un pouso no corazón que non se esvae tras a volta á casa.
Solicitude participación estudio Gas Radón Formulario para a participación no estudio sobre gas radón nas vivendas do Concello da Estrada. Descargar solicitude (.odt) Descargar solicitude (.doc) Unha vez cuberto e asinado debe ser enviado por rexistro de entrada, ben de xeito presencial no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica https://aestrada.sedelectronica.gal
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na súa sesión ordinaria do día 1 de marzo de 2024, concedeu ao Concello da Estrada unha subvención por importe de 126.609.11 €, con destino á “Adquisición do antigo edifico do INEM”. Acordo