Nome do autor:admin

varias

Información relativa ó Plan Municipal de Prevención de Incendios do Concello da Estrada

Información relativa ó Plan Municipal de Prevención de Incendios do Concello da Estrada Para información dos interesados e propietarios dos terreos afectados, publícase a ligazón para o acceso ó mapa de faixas de prevención de incendios do Concello da Estrada: https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=1NKUEoQVwxm0sh1bQpypNLUYpUCSYOAM&ll=42.71075884016666-8.459063450308628&z=12 Facilítase igualmente a ligazón para a consulta da lexislación vixente en materia de incendios, a Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en especial os artigos 21 e 22 de dita norma e a Disposición adicional terceira, na que se determinan as especies a efectos da xestión da biomasa vexetal: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2007-10022 Facilítase ligazón ó visor das faixas de prevención na que localizar a parte afectada utilizando a referencia catastral da parcela. https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/

varias

Unidade Móbil – Doazón Sangue

Unidade Móbil – Doazón Sangue O venres 29 de novembro das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 30 de novembro das 10:00 ás 15:00 horas na Praza do Concello. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental. No seguinte código QR encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar:

varias

Programación semanal

Programación semanal BAGAXE Arturo Cobas “Nono” e Natalia “Pajarito” DATA: 25-10-2024 (21.00h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: ClownDURACIÓN: 55 minPÚBLICO: Público familiarENTRADA: 5,00€ (retirada previa no Dpto. Cultura) SINOPSE: Arturo Cobas e Natalia Outeiro “Pajarito” únense para crear un tenro espectáculo, onde cada maleta contén unha sorpresa, unha historia, unha nova aventura por descubrir. Mais, que pode saír mal cando se trata dunha combinación tan explosiva como a de dous artistas coa súa propia bagaxe emocional? A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA A Xanela do Maxín DATA: 26-10-2024 (12.00h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: Comedia infantilDURACIÓN: 45 minPÚBLICO: +2 anosENTRADA: 3,00€ SINOPSE: A Toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento, converténdose en A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre… Un best seller infantil convertido nunha divertida peza teatral. VIVA LA ZARZUELA! Escola Municipal de Música da Coruña DATA: 26-10-2024 (20.00h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: ZarzuelaDURACIÓN: 60 minPÚBLICO: Todos os públicosENTRADA: 3,00€ (retirada previa no Dpto. Cultura) SINOPSE: O concerto Viva la zarzuela fai un repaso por clásicos da zarzuela como “El barberito de Lavapiés”, “Los claveles” ou “La verbena de la paloma”. No concerto intervén una representación do alumnado de canto lírico da Escola Municipal de Música da Coruña

varias

A Estrada inaugura unhas pistas de atletismo de nivel mundial

A Estrada inaugura unhas pistas de atletismo de nivel mundial Este luns celebrouse a tan esperada inauguración das novas pistas de atletismo de A Estrada, unha infraestrutura de referencia que marca un fito para o deporte local e galego. Estas instalacións, consideradas “das mellores do mundo” polo atleta olímpico Adrián Ben, representan un salto cualitativo que permitirá aos deportistas locais mellorar os seus adestramentos e competir en condicións óptimas. O evento contou coa presenza de autoridades como o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, o conselleiro de Cultura Jose Lopez o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, quen destacou o potencial destas pistas para acoller probas de nivel nacional e internacional. As palabras de Adrián Ben, finalista olímpico e campión de Europa, resoaron con forza entre os asistentes, recordando o esforzo que supón para moitos atletas non contar con infraestruturas axeitadas. “Sodes moi afortunados de ter estas pistas, algo do que moitos non puidemos gozar nos nosos inicios”, afirmou Ben, poñendo en valor a oportunidade que teñen os novos deportistas de A Estrada. O alcalde, Gonzalo Louzao, subliñou o carácter pioneiro desta infraestrutura, agradecendo a colaboración entre administracións que a fixeron posible, e resaltou a implicación histórica dos clubs de atletismo locais, coma o Atletismo A Estrada e o Club Atletismo Independiente (CAI), así como o antigo San Paio, que impulsaron esta demanda hai máis dunha década. Estas pistas de atletismo, equipadas para a práctica de varias disciplinas, comezarán a súa actividade oficial o próximo luns, cando deportistas locais e veciños poderán gozar delas seguindo as normas de uso e preferencia establecidas. Con esta nova infraestrutura, A Estrada consolídase como “capital galega do deporte”, dando un paso máis no seu compromiso co fomento da práctica deportiva e a organización de eventos de alto nivel.

varias

San Tomé de Ancorados prepárase para celebrar o Samaín

San Tomé de Ancorados prepárase para celebrar o Samaín “San Tomé de Ancorados prepárase para celebrar o Samaín, unha das festas máis esperadas do ano, o vindeiro venres 1 de novembro. A partir das 21:30 horas, a carpa abrirá as súas portas para unha noite chea de tradición, música e diversión. Poderase gozar do saboroso porco á brasa, cocktails especiais, e vivir a maxia da procesión da Santa Compaña. A música correrá a cargo de Son das Tabernas, a partir das 22:00 horas, e DJ Carramón desde as 00:30 horas. O Samaín tamén contará cun túnel do terror, a recreación dun cemiterio no campo da festa, premios aos mellores disfraces e o clásico sorteo de agasallos. Non faltará o pulpeiro para completar esta xornada terrorífica. Non perdades esta cita imprescindible!”

varias

Nova ambulancia para o servizo de Emerxencias de A Estrada

Nova ambulancia para o servizo de Emerxencias de A Estrada É un pracer anunciar a incorporación dunha nova ambulancia ao servizo de Emerxencias de A Estrada, un recurso vital que garante a atención sanitaria de calidade á nosa comunidade. Esta Renault Master, adquirida por 80.000 euros con fondos do programa +Provincia da Deputación de Pontevedra, substitúe á anterior unidade que estivo en servizo durante dez anos. Durante o último ano, a nosa ambulancia realizou 819 saídas, destacando a importancia deste servizo non só en A Estrada, senón tamén en municipios cercanos como Forcarei e Cerdedo. Cun equipo profesional de 19 efectivos e un convenio co 061, estamos comprometidos co benestar e a seguridade dos nosos veciños. Agradecemos a todos os que fixeron posible esta adquisición e reafirmamos o noso compromiso de seguir mellorando os servizos de emerxencias no noso Concello.

varias

A Estrada Urban Race

A Estrada Urban Race Este sábado A Estrada converterase no centro da innovación co evento A Estrada Urban Race, unha carreira de vehículos eléctricos fabricados por estudantes de Formación Profesional de Galicia, Cantabria e Asturias. Esta actividade forma parte do proxecto Greenpower, que busca fomentar a educación ecolóxica e tecnolóxica. O alumnado de centros como o IES Antón Losada traballa no deseño e montaxe dos coches, que competirán nunha proba na que gañará o vehículo máis eficiente. Esta iniciativa destaca a relevancia da FP como fonte de oportunidades para os mozos e mozas. Este sábado, non perdas a A Estrada Urban Race, unha carreira única onde estudantes de Formación Profesional de Galicia, Cantabria e Asturias competirán con vehículos eléctricos deseñados e fabricados por eles mesmos. Unha oportunidade para poñer en valor o talento e a creatividade dos nosos mozos, demostrando o seu compromiso co medio ambiente e coa innovación tecnolóxica. Esta proba, parte do proxecto educativo Greenpower, sitúa A Estrada como un exemplo de vangarda na educación e a sustentabilidade. ¡Vén a apoiar o futuro da automoción sostible!

varias

Solicitude participación estudio Gas Radón

Solicitude participación estudio Gas Radón Formulario para a participación no estudio sobre gas radón nas vivendas do Concello da Estrada. Descargar solicitude (.odt) Descargar solicitude (.doc) Unha vez cuberto e asinado debe ser enviado por rexistro de entrada, ben de xeito presencial no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica https://aestrada.sedelectronica.gal

varias

Certame de outono de corais

Certame de outono de corais Coral Polifónica Estradense DATA: 19-10-2024 (20.30h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: Concerto de música coralDURACIÓN: 60 minPÚBLICO: Todos os públicosENTRADA: De balde (con retirada previa de invitación) SINOPSE:  Como xa é habitual, a Coral Polifónica Estradense saúda a chegada do outono cun concerto de música coral no que estará acompañado pola Coral Polifónica de Monforte. Un certame composto por habaneras e canción moderna. Doce pezas destinadas aos moitos afeccionados da nosa vila ao canto coral.

varias

War baby – Yllana

War baby – Yllana   DATA: 18-10-2024 (21.00h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: Comedia xestualDURACIÓN: 80 minPÚBLICO: +12 anosENTRADA: 10,00€ SINOPSE:  Dirixida por David Ottone e Joe O´Curneen, WAR BABY trasládanos a un centro de recrutamento militar no que un grupo de despistados recrutas é adestrado para unha disparatada guerra que provocou o novo líder do país, que resulta ser un bebé consentido e belicoso. Unha restra de personaxes divertidísimos e una interminable morea de situacións disparatadas ao redor da temática da guerra e o poder serán a base desta sátira antibelicista de Yllana. Unha proposta que nos convida a reflexionar a través das gargalladas.

Scroll ao inicio
Ir o contido