Imagen Cabecera Común

Aprende a usar Internet e o móbil con YoConecto

Un paso máis para perderlle o medo ao móbil en A Estrada.

Se algunha vez pensaches “isto non é para min”, estes cursos son xusto para iso.
O Concello de A Estrada abre unha nova fase do programa YoConecto, con 6 novos cursos gratuítos pensados para aprender a usar o teléfono móbil con tranquilidade, seguridade e confianza.

Tras o éxito das primeiras formacións, nas que tivemos que ampliar e duplicar cursos polo alto número de participantes, seguimos apostando por unha aprendizaxe próxima, paso a paso e sen présas.

Facer trámites, pedir citas, falar coa familia, usar a banca dixital ou simplemente entender mellor o móbil.
Todo é posible cando se perde o medo.

Nova programación (Casa da Música | 10:00–13:00 h)

🔹 Febreiro
• Iniciación ao mundo dixital → 3, 5, 10 e 12
• Apps para xestionar trámites → 17, 19, 24 e 26

🔹 Marzo
• WhatsApp e Telegram (maiores de 60) → 17, 19, 24 e 26

🔹 Abril
• A túa banca dixital (maiores de 60) → 7, 9, 14 e 16
• Seguridade dixital → 21, 23, 28 e 30

🔹 Maio
• Lecer dixital (maiores de 60) → 5, 7, 12 e 14

Se tes dúbidas, inseguridade ou medo, estes cursos están pensados para ti.
Aprenderás acompañado/a, sen presións e ao teu ritmo.

Información e inscricións:
Ana Ferradáns (Axente de Emprego e Desenvolvemento Local) na primeira planta do Concello: 986 67 77 40
Alcaldía, na segunda planta do Concello: 986 57 00 30

Scroll ao inicio
Ir o contido