Actividades para a prevención da Dependencia 2026
O Departamento de Servizos Sociais deste Concello, ten previsto dar continuidade o Programa de Actividades dirixidas a persoas maiores de 50 anos, ou persoas con discapacidade que non cumpran o requisito da idade.
As actividades iniciaranse ao longo do ano 2026, coma se veñen desenvolvendo nos últimos anos.
O prazo de inscripción para participar no Programa de Actividades de Prevención da Dependencia 2026 permanecerá aberto dende o 17 de novembro ata o 11 de decembro (ambos incluídos).
Requisitos para participar
Estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anos ou contar con valoración de discapacidade. (33% ou máis).
As actividades que se van a ofertar son
• Actividade de Xerontoximnasia
• Taller de Memoria
• Actividade de Pilates
Ámbito Urbano
Grupos por actividade:
• Xerontoximnasia máximo 20 persoas por grupo 3 grupos
• Pilates máximo 20 persoas por grupo 3 grupos
• Memoria máximo 10 persoas por grupo 2 grupos
As persoas interesadas en participar deberán anotarse antes do 11 de decembro.
Ámbito Rural
As parroquias que durante o ano 2025 tiveron actividade, durante o ano 2026 manterase a mesma actividade, so se cambiará no caso que a maioría dos participantes esten de acordo e mantendo o horario, sempre e cando se cumpra o requisito do número mínimo de 8 participantes. As persoas interesadas deberán anotarse antes do 11 de decembro.
As parroquias que non tiveron actividade e queren formar grupo, poden facelo, con un mínimo de 8 persoas, e a actividade será a demandada pola maioría. Deberán formar grupos antes do 11 de decembro.
Lugar de presentación da solicitude
Departamento de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00.
Ou a través da Sede Electrónica do Concello da Estrada.
Nº de persoas por grupo
Ámbito Rural mínimo 8 persoas por parroquia par formar grupo.
Ámbito Urbano máximo 20 persoas por actividade en Xerontoximnasia e Pilates, e 10 persoas no Taller de Memoria.
No caso de que o número de solicitudes supere a previsión de prazas por grupo, atenderanse as solicitudes por orde de rexistro de entrada do Concello.
Documentación que debe acompañar a solicitude
– Certificado de Discapacidade se fose o caso
Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais (de luns a venres en horario de 9 a 14:00) ou chamando ó teléfono 986 573 265.