Imagen Cabecera Común

A Estrada suma unha nova veciña centenaria

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, desprazouse este mediodía ata a parroquia de Arnois para felicitar a María Puente Blanco, que hoxe ingresa na nómina de estradenses centenarios.

O rexedor acudiu ata o domicilio desta veciña, no lugar de A Quenlla, un fogar no que cinco xeracións conviven baixo o mesmo teito. “Coido que este ten que ser o segredo para chegar así de ben aos 100 anos: estar tan ben rodeada por tanta familia, que te quere e te coida tanto”, díxolle Louzao a homenaxeada. Sinalou despois o feito de que neste fogar estradense o máis pequeno da casa ten 9 meses e a maior un século. 

O mandatario entregoulle como presente un ramo de flores e despois fixeron varias fotografías, nas que posaron as cinco xeracións desta familia. Tataraneto e tataravoa rivalizaron en sorrisos.

Aínda que María Puente cumpre hoxe os 100, a celebración repetirase este domingo no Pazo de Xerlís.

Scroll ao inicio
Ir o contido