A Estrada celebra a Festa do Maior o 22 de marzo

O Concello da Estrada ten xa aberta a inscrición para a Festa do Maior, que se celebrará o domingo 22 de marzo no Pavillón Coto Ferreiro.

Os interesados poden facer xa a inscrición dende hoxe luns, 2 de marzo, no departamento de Servizos Sociais. Será posible facela ata o día 16.

Nesta edición o prezo é de 10 euros por persoa. A apertura de portas será o domingo 22 de marzo ás 12.30 horas, con recepción de participantes e actuación de Tequexetéldere. 

O menú estará composto por empanada, polbo, carne ao caldeiro con patacas e sobremesa, incluíndo o pan, bebidas (viño tinto e branco, cervexa, refrescos, auga, gaseosa, café e licor). De seguido, o baile contará coa orquestra Los Satélites.

Scroll ao inicio
Ir o contido