Conmemoración do 150 aniversario de Manuel García Barros

O 16 de novembro de 2026 foi un día moi significativo para a cultura estradense. Tal día como este luns, hai 150 anos, nacía Manuel García Barros, unha das figuras máis destacadas da nosa historia cultural e literaria.

As concelleiras de Cultura e de Educación, Lucía Seoane e Amalia Goldar, desprazáronse ata o IES Manuel García Barros, centro ao que o Concello da Estrada cedeu a exposición “Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento”.

No acto de inauguración participaron a directora do centro, Norma Pillado, e a profesora Mari Ruzo, xunto cos escritores e investigadores Carlos Loureiro e Xoán Carlos Garrido. Os dous ofreceron unha conferencia sobre a figura do célebre escritor.

Ademais, a ilustradora Rosa de Cabanas cedeu un retrato de Manuel García Barros.

Goldar e Seoane visitaron tamén o IES Antón Losada, ao que se lle cedeu o mural de Rosalía de Castro elaborado por Cayetano Lledó.

 

Scroll ao inicio
Ir o contido