Adiadas dúas actuacións culturais polo loito oficial

As bandeiras ondean a media hasta nos edificios municipais da Estrada con motivo do período de loito oficial decretado tras o accidente ferroviario de Urda (Toledo). En sinal de respecto polas vítimas, o Concello tamén modificou a programación cultural prevista para estes días.

O concerto de Manoele de Felisa, previsto para mañá venres no Teatro Principal, dentro do ciclo Estrada Escena Outono, queda adiado ao xoves 5 de novembro, ás 20.30 horas. As persoas que xa retiraran os convites poderán utilizalos para a nova data. 

Tamén queda adiada a actuación de Lois Pérez, incluída no ciclo Un Cómico na Aldea e prevista para este sábado en Berres. A nova data comunicarase nos vindeiros días.

O Concello da Estrada expresa as súas condolencias ás familias e persoas achegadas ás vítimas do accidente e traslada a súa solidariedade a todas as persoas afectadas.

Scroll ao inicio
Ir o contido