Un Nadal que tamén brille de día

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e concelleiro Óscar Durán presentaron este mediodía a nova ornamentación do Nadal 2026, unha aposta por unha decoración máis cálida, tradicional e entrañable, na que as luces convivirán con grilandas vexetais, adornos clásicos e árbores decoradas.

Entre as novidades deste ano destacan:

  • Unha nova ambientación para a fachada do Concello e o palco da música da Alameda.
  • Un Bosque de Nadal con nove árbores de diferentes alturas, unha casa de Papá Noel e un espazo para depositar as cartas dos máis pequenos.
  • Unha árbore de 22 metros na Praza de Galicia, a máis alta da historia do Nadal estradense e que case duplica a medida doutros anos, nun espazo que este ano cobra un protagonismo especial coa súa peonalización.
  • E a iluminación seguirá a ser protagonista: 119 arcos luminosos, 262 elementos de iluminación e máis de medio millón de microLED.

Queremos que o Nadal sexa moito máis ca luces: que convide a pasear, descubrir os nosos espazos, fotografarse, reunirse e compartir. Un Nadal para sentir e lembrar. Un Nadal para desfrutar na Estrada, de día e de noite.


Scroll ao inicio
Ir o contido