📅 Data: 31 Outubro 2026
📍 Lugar: Sabucedo
MUSA PROGRAMA
Á MAÑANCIÑA
- 09:45h. ANDAINA comentada da Ruta da Rapa das Bestas de Sabucedo. Saída dende o curro novo. Recollida de cogumelos e castañas durante o paseo. 10km.
- 12:00h. Xuntanza no MUÍÑO DO MESTRE
- Apertura do MERCADIÑO DE PRODUTOS DE ARTESANÍA ALIMENTARIA e PROXIMIDADE
- 12:05h. Encendido do forno e comenzo do OBRADOIRO DE PAN
- 12:30h. V Concurso Infantil “COÑECENDO O MEU POBO”. Con agasallos para os participantes.
- 13:00h. Cata comentada de ACEITE DAS OLIVEIRAS DE A ESTRADA
- Cata degustación “A SIDRA DA ESTRADA PURA ARTESANÍA ALIMENTARIA”
- Mostra de cociña e degustación PLANTAS SILVESTRES CON PRODUCTOS AGACAL a cargo de Sabores Espontáneos
Á HORA DE XANTAR
- 13:30h. Aperitivo Musical con Airiños de Caldelas.
- 14:30h. XANTAR o carón do Teleclub (Compre facer reserva)
- 16:30h. Inicio do OBRADOIRO DE FILLOAS E CHULAS e Entrega de Premios do Concurso Infantil “Coñecendo o meu pobo”
- 17:00h. Presentación do proxecto SABUCEDO, A MEMORIA DUN POBO a cargo de Iván Nespereira de A Horta da Cultura.
POLO SERÁN
- 17:30h. Inicio dos OBRADOIROS DO SAMAÍN: calacús, maquillaxe,… Para nenos ata 90 anos.
- 18:00h. SABUCEDO TAMÉN CANTA. Serán musical no muíño.
- 19:15h. Procesión da SANTA COMPAÑA
- Lectura dos RESPONSOS dedicados aos mortos en vida durante a elaboración da QUEIMADA purificadora no curro vello.
¡Traede túnica branca ou saba vella!
DE NOITE
- 20:10h. NOITE DO SAMAÍN a carón do Teleclub. Chegada da Santa Compaña e celebración do MAGOSTO.
- 21:00 h. CONTACONTOS. Celso Fernández Sanmartín presenta “CONTAR”. Espectáculo de narración oral.
- 23:30h. Concerto de GATO PIOLLOSO… e festa rachada!

