A titular estradense de Cultura, Lucía Seoane, presentou hoxe a programación coa que o ciclo Un cómico na aldea regresa esta fin de semana ao rural da Estrada. A proposta ten por diante unha decena de actuacións de aquí ao remate do ano e agarda pechar este 2026 repetindo a boa acollida que caracteriza este programa, cunha media de 600 espectadores por xira.
Neste regreso de outono as actuacións estarán concentradas nos meses de outubro e novembro. As parroquias incluídas serán Paradela, Callobre, Nigoi, Moreira, Frades, Berres, Oca, Souto, Loimil e Rubín.
Outubro
•Día 3 (20.00h) ->Paradela -> Isi e o Mago Toño
•Día 10 (20.00h) -> Nigoi -> Maxia con Pablo Estévez
•Día 17 (19.30h) -> Moreira -> Celtas con filtro, Unidade de Produción EMAE
•Día 17 (20.30h) -> Callobre -> Foise no vento, Unidade de Produción EMAE
•Día 24 -> (18.00h) Frades -> Isi e o Mago Toño
•Día 31 (19.30h) -> Berres > Contada de medo, Lois Pérez
Novembro
•Día 07 (19.00h) -> Local social de Oca -> Contada de medo, Lois Pérez
•Día 14 (20.00h)-> Souto-> María da Pontragha
•Día 21 (20.00h)-> Loimil -> A clave 39, Teatro Clámide
•Día 28 (20.00h)-> Rubín-> María da Pontragha