Presentación do festival de danza 6 Coreógrafas

O programa do 6 Coreógrafas, Festival de Danza e Artes do Movemento da Estrada, foi presentado hoxe pola concelleira de Cultura, Lucía Seoane; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; e a directora do festival,*Paula Quintas.

A parte artística da presentación correu por conta de Nuria Sotelo, da compañía Furia Sotelo, cunha intervención dirixida ao alumnado do CEIP Pérez Viondi e realizada na Praza de Galicia

O vindeiro sábado 10 de outubro, A Estrada será escenario dunha xornada completa dedicada á danza e ás artes do movemento.

🕚 11:00 h | Obradoiro interxeracional

Kirenia Martínez

Público aberto + alumnado da EMAE (infantil e adulto).

🕐 13:00 h | Accionando corpos en espazo público

Lúa Gándara en sesión vermú

🕕 18:00 h – 19:15 h | Programación en rúa + sala

📍 Praza de Galicia + Teatro Principal

▪️ 18:00 h | TRÉS BIEN — ESTREA

Inés Santos e María de Vicente

Cía. Marta Alonso Tejada

Dúo de danza contemporánea de rúa.

▪️ 18:15 h | SUIT(E)

Furia Sotelo

Solo de danza contemporánea de rúa con música en directo de Millán Abeledo.

▪️ 18:45 h | BIPEDESTRUCCIÓN

Marcia Vázquez e Martina Lo Arcos

Desiden.cia

Dúo de danza contemporánea de rúa.

▪️ 19:30 h | BENQUERER(ME) — ESTREA

Fran Sieira

Solo de danza tradicional + contemporánea para sala.

Scroll ao inicio
Ir o contido