Andaina solidaria polo Camiño da Santa Paterna

A casa consistorial acolleu esta mañá a presentación da primeira edición da Andaina Solidaria polo Camiño da Santa Paterna, que se celebrará o DOMINGO 18 DE OUTUBRO.

Todo o recadado será destinado integramente á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

Trátase dunha iniciativa organizada no marco das Festas de Santa Paterna – Arnois 2026, que une deporte, natureza, patrimonio e solidariedade.

A andaina terá un percorrido de 5 quilómetros, de dificultade media-baixa, polo contorno de Santa Paterna, coincidindo coa presentación da nova variante do Camiño de Santiago de Santa Paterna. 

Estes serían os datos clave:

📅 Domingo, 18 de outubro

🕘 Saída: 09:00 h

📍 Campo da Festa de Santa Paterna

🥾 5 km | Dificultade media-baixa

🎽 Inscrición + camiseta: 7 €

📲 Inscricións por WhatsApp: 638 52 06 62 | 656 97 69 58

Ademais, haberá autobús ás 09:30 h desde o campo da festa ata o punto de saída. 

Unha mañá para camiñar, descubrir o noso patrimonio e contorno natural e, sobre todo, sumar pasos contra o cancro.

Anímate a participar e ven camiñar por unha boa causa!

Scroll ao inicio
Ir o contido