Actividades para a Prevención da Dependencia 2027

O Departamento de Servizos Sociais deste Concello, ten previsto dar continuidade o PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA A PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA 2027

As actividades iniciaranse no primeiro trimestre do ano 2027

REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anos ou contar con valoración de discapacidade. (33% ou máis)

ACTIVIDADES OFERTADAS
  • Actividade de Xerontoximnasia
  • Actividade de Pilates
  • Taller de Memoria
REQUISITOS MÍNIMOS:
  • Que a parroquia conte cun local social co equipamento preciso para o seu desenvolvemento.
  • Ámbito Rural mínimo 8 persoas por parroquia par formar grupo.
  • Ámbito Urbano máximo 20 persoas por actividade
  • Taller de Memoria máximo 12 persoas
PRAZO DE INSCRICIÓN

As persoas interesadas en participar deberán cubrir e asinar a ficha de inscrición individual e presentala no Rexistro Xeral do Concello ou no Departamento de Servizos Sociais desde o 28 de setembro ata o 16 de outubro (ambos incluídos).

Os horarios e días establecidos para 2026 manteránse vixentes durante o ano 2027. No ámbito rural, se os horarios coinciden con algunha actividade organizada por outras institucións, calquera proposta de cambio de hora deberá ser comunicada previamente ao Concello para a súa aprobación.

1.-FICHA-INSCRICION_XERONTOXIMNASIA
2.-FICHA-INSCRICION_PILATES
3.-FICHA-INSCRICION_MEMORIA
4.-FICHA-INSCRICION_RURAL

Scroll ao inicio
Ir o contido