Reunións cos afectados pola Liña de Alta Tensión A Estrada-Paizás

O Concello da Estrada convoca dúas reunións informativas sobre o proxecto da Liña de Alta Tensión (LAT) A Estrada-Paizás, promovida por Unión Fenosa Distribución.

📅 LUNS, 21 DE SETEMBRO

🕕 18.00 H — CEREIXO

📍 Local social de Cereixo

🕣 20.30 H — LOIMIL

📍 Local do palco de Loimil

IMPORTANTE: As dúas reunións están abertas aos veciños e veciñas de TODAS as parroquias da Estrada afectadas polo trazado.

A elección destas dúas parroquias responde á súa situación intermedia no trazado, buscando facilitar a asistencia dos veciños das 14 parroquias estradenses afectadas.

Que se abordará nas reunións?

Os representantes municipais estarán acompañados por técnicos de Tysgal, a empresa especializada contratada polo Concello.

🔹 Información sobre o proxecto e o trazado

🔹 Resolución de dúbidas dos afectados

🔹 Orientación sobre o procedemento de alegacións

🔹 Posta á disposición dos veciños de modelos de alegacións

📝 O prazo para presentar alegacións remata o 20 de outubro.


PARROQUIAS E NÚCLEOS AFECTADOS. O trazado previsto afecta a 14 parroquias da Estrada e 58 aldeas:

📍 SAN PAIO DA ESTRADA: O Regueiro · A Estrada

📍 A SOMOZA: A Carballeira · Os Sureiros

📍 AGAR: Pepe · A Pedreira · Penalobeira · Valiñas · O Outeiro

📍 CEREIXO: A Igrexa · Constenla · Os Piornos · Pernaviva · Mollarrabo

📍 CURANTES: Curantes Novo · A Rocha · Cortes

📍 GUIMAREI: Soutiño · Campos · A Torrevella · Portacartas · Gudín · San Xiao · O Cogoludo · Xerlís · A Cruz · A Mañenza · A Portela

📍 LAGARTÓNS:  O Outeiro · O Sabugueiro · Trasdomuro · Os Tatos · O Monte · O Mollarrabo.

📍 LAMAS: O Carballal

📍 LOIMIL: Pardellas · Loimil · A Sobreira · Penaporrín · Riomao · Chenlos · Loimil do Carballo.

📍 ORAZO: Vendexa · Barro.

📍 OUZANDE: O Redondo · O Formigueiro · As Cachopas · Alemparte · Penerada

📍 REMESAR: O Rego.

📍RUBÍN: A Igrexa · A Veiga da Braña · O Bede · Berbigueira · Os Balseiros · O Barro · Pazos.

📍 TABEIRÓS: Sandán.

Scroll ao inicio
Ir o contido