Volve á Estrada o programa “Adestra Emprego Rural”

A Estrada acollerá entre os meses de setembro e decembro a segunda edición do programa gratuíto de orientación laboral ‘Entrena Empleo Rural’, dirixido a mulleres en situación de desemprego. A iniciativa, impulsada pola Fundación Santa María la Real e cofinanciada polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e a Fundación Mapfre, conta de novo coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello da Estrada.  Tras unha primeira edición na que participaron máis de 50 mulleres no municipio, esta nova convocatoria busca continuar mellorando a empregabilidade no medio rural, ofrecendo novas técnicas, ferramentas dixitais e acompañamento personalizado para facilitar a inserción laboral.  

A quen vai dirixido?

O programa está destinado a mulleres maiores de 18 anos en desemprego da provincia de Pontevedra, de calquera nivel formativo e sector profesional. Terán prioridade as desempregadas de longa duración e, especialmente, aquelas que se atopan nesta situación tras un parón profesional dedicado á maternidade ou ao coidado de familiares.  

Formato e contidos

As sesións desenvolvéronse en formato semipresencial, combinando actividades presenciais nun local cedido polo Concello e sesións online. O itinerario inclúe:  

  • Actualización de currículum e preparación de entrevistas de selección.  
  • Desenvolvemento de competencias dixitais e transversais.  
  • Valorización das habilidades adquiridas nos coidados.  
  • Contacto directo co tecido empresarial local mediante encontros de speed dating.  Inscricións abertas

As prazas son limitadas. As persoas interesadas poden formalizar a súa solicitude directamente a través da web www.entrenaempleo.org/es/inscribete ou poñéndose en contacto coa técnica do programa no teléfono 621 269 545 ou no correo stemes@santamarialareal.org

 
Scroll ao inicio
Ir o contido