Escolas Deportivas Municipais 2026-2027

O Concello da Estrada a través de AEstradaDeporte presenta o programa deportivo das ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS para o curso 2026-2027

O obxectivo de dito programa, é mellorar e facilitar o desenvolvemento deportivo das disciplinas ofertadas e a promoción do deporte no noso Concello, en toda a poboación.
14 Escolas Deportivas Municipais:

  • Ciclismo
  • Natación
  • Ximnasia
  • Padel
  • Judo
  • Kárate
  • Patinaxe e Hoquei
  • Xadrez
  • Tenis
  • Bádminton
  • Baloncesto
  • Hípica
  • Taekwondo
  • Esgrima

Inscricións abertas dende o luns 31 de agosto ata o venres 25 de setembro, nos contactos de cada escola. O número mínimo de participantes para que a escola teña actividade será de 10 alumnos/as.

Prezo:

  • Cota xeral: 36 Euros / Trimestre (de 4 a 14 anos).
  • Cota adultos: 60 Euros / Trimestre (de 15 anos en adiante)

Bonificacións: (Non acumulables)

  • 25% Familia Numerosa
  • 25% Familia Monoparental
  • 25% Segunda actividade para un mesmo alumno/a.

Scroll ao inicio
Ir o contido