Preparativos para vivir a eclipse en San Miguel de Castro

Todo preparado no Alto do Castro para vivir a eclipse solar deste 12 de agosto.

O espazo de observación en San Miguel de Castro xa está preparado: os accesos foron acondicionados e tamén a área de estacionamento, que terá os accesos regulados a partir das 18.00 horas.

Unha recomendación IMPORTANTE: non esquezas os teus lentes de protección homologados e revisa antes de saír da casa que cumpren coa normativa (ISO 12312-2:2015, con marcado CE) e están en bo estado. A seguridade debe ser o primeiro para desfrutar desta experiencia única.

O dispositivo contará tamén cunha reserva de lentes homologados, cedidos pola Deputación de Pontevedra, para aquelas persoas que non puidesen levar os seus.

Planifica a túa chegada, leva os teus lentes e prepárate para gozar da eclipse desde un lugar privilexiado.

Scroll ao inicio
Ir o contido