Axenda Eventos
Axenda Cultural

Tras os pasos de Castelao na Bretaña

📅 Data: 11 Xuño 2026
Hora: 20:00 h
📍 Lugar: Minicines Central
🎟️ Prezo: de balde
✍️ Autor: AC Vagalumes

A Asociación Cultural “Vagalumes” e Minicines Central ofrecerán o vindeiro mércores 11 de xuño a proxección da curta “Retornar Bretaña” e o libro “Tras os pasos de Castelao na Bretaña” nas salas de Minicines Central ás 20:00 h. da Estrada.
A curtametraxe “Retornar Bretaña” revisita na actualidade os lugares e monumentos que no 1929 percorreu Castelao durante catro meses para o seu estudo sobre as cruces de pedra. A curtametraxe ten unha duración de 33 minutos e realizouse pola A. C. Vagalumes dentro do seu proxecto de posta en valor do noso patrimonio e de recoñecemento da figura de Castelao.
Neste mesmo acto presentarase o libro “Tras os pasos de Castelao na Bretaña” de Robert Neal Baxter Ford editado pola asociación Breizh-Galiza. O profesor Baxter realizou unha completa guía que non só nos achega aos diferentes bens patrimoniais que analizou Castelao senón que é unha detallada mostra de lugares de interese desa Terra irmá e unha sintética introdución a historia desta nación celta. O libro en Galego, Bretón e Francés é unha ponte entre os nosos dous países que comparten unha anterga tradición cultural común e mesmo unhas características climáticas e xeográficas moi semellantes.

Scroll ao inicio
Ir o contido